Pequena mostra dos traballiños, saídas, aprendizaxes,...que se van realizando ao longo do curso na clase de 2º do CPI Cruz do Sar de Bergondo. Vanesa Imaxe: Cadro de Leandro Lamas
jueves, 18 de febrero de 2021
miércoles, 3 de febrero de 2021
ENTROIDO 2021
ACLARACIÓN DISFRACES ENTROIDO
2021
Bo día familias:
No día de onte envióusevos unha notiña en relación ao entroido. Realmente a temática dos disfraces é libre pero pensamos que a podemos relacionar co proxecto no que estamos a traballar. Podedes visitar o noso blog (www.aprofevanesa.blogspot.com) e consultar en que consiste dito proxecto (Proxecto E-TWINNING. OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE). Resumindo un pouco a idea principal, trataremos de que o alumnado coñeza os problemas medioambientais que hai intentando buscarlles solucións. Así que se podedes orientar os disfraces nesa dirección sería estupendo (non obrigatorio). Por darvos algunha idea: poden ser heroes e heroínas medioambientais (así que un disfrace de Batman ou Spiderman pode levar cosido un logo “eu coido a natureza”, Harry Potter pode facer maxia para que desapareza a contaminación, ...), poden ser buzos, xardineiros, científicos, apicultores, gardas forestais, fadas dos bosques,... Como vedes, non se trata dunha proposta pechada, senón de adaptar o disfrace que teñades pensado, a esta temática medioambiental. Non queremos complicarvos moito posto que nestas circunstancias tampouco hai moito a onde ir para mercar.
Esta
é a proposta do proxecto que abarca moitas temáticas.
Que podo facer eu para...?
Que podo facer eu para non contaminar, para coidar dos bosques, para dar a
coñecer problemáticas medioambientais, para rematar coas desigualdades, co
racismo, coa pobreza,... Para todo iso precísanse: científicos, gardabosques,
activistas, heroes e heroínas que loiten pola conservación do medio natural,...
Así que xa vedes que calquera disfrace se pode adaptar.
Recordade que non traian
complementos: variñas, ferramentas, etc.
Se tedes dúbidas podedes
escribirnos nas axendas, nos correos, etc.
Moitas grazas pola vosa colaboración.