martes, 16 de marzo de 2021

DIGICRAFT NA AULA

 


      Que ben aprenderon a reciclar. Cada un co seu  camión foi recollendo lixo que lle correspondía. Houbo algunha pequena complicación porque a SPHERO MINI non é tan doada de manexar como parece pero con un pouquiño máis de práctica imos avanzando.



Con TOONTASTIC aprendemos a crear historias. Eleximos o escenario e as personaxes...e deixamos voar a imaxinación. Empezamos pouco a pouco cunha soa personaxe pero...logo se animaron a crear historias moi divertidas. Algún xa é experto!



8 DE MARZO. DÍA DA MULLER.

Os nenos  elixiron ás nais, avoas, irmáns,...e non tiveron máis que fermosas palabras para adicarlles!!!

DÍA DE ROSALÍA


                                  No taboleiro adicado ao Día de Rosalía están os nosos acrósticos. Ollade que ben quedou.

jueves, 4 de marzo de 2021

A IMPORTANCIA DE CUMPRIR COS "3R".

                                            "3R": REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR:

     Se alguén se anima a facer algo na súa casa, podedes enviar as imaxes para compartir co resto da clase.

     Ollade como construiu Carme o ser barco pirata:




Ali e Fran tamén se animaron. Con tapóns crearon as súas obras de arte. 




Menudos artistas temos!!!!!



Non me digades que Mateo non entendeu á perfección o concepto e a idea de REUTILIZAR. Ollade ben o seu novo xogo de bolos e animádevos a participar.



VISITA DO PUNTO LIMPO AO NOSO COLE

     Pinchando na imaxe, podedes ver as fotos que sacamos o día 19 de febreiro cando veu o Punto Limpo Móbil ao noso cole. Moitas grazas a todas as familias porque houbo unha gran participación do alumnado.