viernes, 20 de octubre de 2017

AVISO

     Bo día!
     Se tedes pola casa algún pantalón de chandal, camiseta, sudadeira,.. que non vaiades usar (moi gastados, zurcidos,...) podedes traela para gardar na aula. Agora que vén a chuvia e o patio vai estar mollado é posible que algún ou algunha caia e se molle. Se conto con algunha muda pois teño a opción de mandalos que se cambien sen ter que chamar á casa. Sei que para moitos/as é complicado acercarse a traerlles roupa nunha situación así.
     Non se trata de que todos traian unha muda. O que pretendo é contar só con tres ou catro mudas para que as poidan utilizar todos/as indistintamente sexan de quen sexan. Cando algún ou algunha leve para a casa unha muda sería ideal que a trouxera de volta canto antes porque é posible que poida facer falta en días posteriores.
     Cando conte con unhas cantas mudas xa vos comunicarei no blogue que non preciso máis.

                                                                                      Podedes consultar dúbidas!!! Un saúdo.


1 comentario:

  1. Boas tardes!!!
    Contamos xa na aula con algunhas mudas. Esperemos que non haxa moitos "aterrizaxes na auga", pero de habelos polo menos estar equipados!!! Mil grazas familias!

    ResponderEliminar