Pequena mostra dos traballiños, saídas, aprendizaxes,...que se van realizando ao longo do curso na clase de 2º do CPI Cruz do Sar de Bergondo. Vanesa Imaxe: Cadro de Leandro Lamas
martes, 7 de noviembre de 2017
FICHAS QUE LEVAN PARA A CASA
Bo día!
Tal como falamos o día da reunión, o traballo que levan de vez en cando para a casa nunca pode ser un obstáculo para o tempo de lecer. Por iso está pensado para facer moi rapidiño. Non nos podemos olvidar de que non todos os nenos/as seguen un mismo ritmo (como é normal) e por iso un pequeno reforzo na casa de cando en vez será moi beneficioso para ir avanzando día a día na aula. Por todo isto a proposta de traballo (flexible) é a seguinte
O traballo que levan os luns pode vir de volta feito o martes ou o mércores.
O traballo que levan os mércores pode vir de volta xoves ou venres.
O traballo que levan os venres virá de volta os luns.
Pretendo así dar máis tempo, e mesmo tempo para repasar na casa unha vez feito o traballo (por exemplo: se unha ficha que se manda o luns xa se fai esa mesma tarde, en lugar de traela o martes pode vir o mércores podendo así volver a lela ou repasala o martes para afianzar contidos).
Un saúdo! E xa sabedes animádevos a comentar as entradas do blogue (identificádevos cando o fagades).
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario