Premendo en cada unha das imaxes que aparecen a continuación teredes acceso a actividades de : matemáticas, lingua castelá e pasatempos.
OLLO: na ficha de matemáticas hai algunha suma con levadas (algunha intrusa). Xa vos dixemos que as estabamos empezando a traballar. Cando vexan que ao sumar as unidades o resultado é un número que ten unidades e decenas, simplemente colocan a cifra das unidades e "regalan" a das decenas colocándoa na fila das decenas. Na aula traballámolas dun xeito máis manipulativo. Se lles resulta complicado recordalo, que o deixen para máis adiante.
OUTRAS ACTIVIDADES: ademáis das fichas desta entrada, podedes ver outras dúas actividades nas entradas anteriores por se lles apetece deixar voar a imaxinación (escritura creativa) ou simplemente xogar (Xogo do Arco da Vella e Xogo do Sombreiro).
COMENTARIOS RECIBIDOS: valoramos positivamente as aportacións e suxerencias das familias. Con respeto a adiantarvos os seguintes temas de naturais e sociais, esta semana esperamos poder dicirvos algo.
Como unha das suxerencias ou demandas vosas é propoñervos experimentos e manualidades, contade con iso ao longo desta semana.
Para calquera dúbida, xa sabedes, escribídenos aos nosos correos.
Un saúdo, Mari e Vanesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario