miércoles, 20 de diciembre de 2017

DÍA 21 DE DECEMBRO! FESTEXAMOS O NADAL

     Mañá 21 de decembro celebraremos o Nadal. Como ben vos dixeron os nenos/as se queren poden traer algún doce típico do Nadal para compartir cos compañeiros/as (ou calquera outra cousa que queirades). Poden traer tamén gorros de Papá Noel, diademas con cornos de reno,..para sacar algunha foto divertida na aula.
     Disfrutaremos tamén dunha obra de teatro na Senra e da visita dos paxes dos Reis Magos.

     Se tedes calquera dúbida, preguntade.

     Valorade moito o gran traballo que fixeron tod@s este primeiro trimestre. Felices Festas a tod@s!!!
Resultado de imagen de foto navidad

ADRIÁN, JULIA E LUCÍA FESTEXARON ANIVERSARIOS E SANTO!!! PARABÉNS




jueves, 16 de noviembre de 2017

BONILLA A LA VISTA!!!



Despois de visitar a fábrica de patacas de Bonilla no polígono de Sabón, como facía moi bo tempo, fomos tomar o tentempé de media mañá ao pé da Torre de Hércules. Como disfrutamos e canto aprendemos!!!!

jueves, 9 de noviembre de 2017

SAÍDA A BONILLA O MARTES 14 DE NOVEMBRO

     O vindeiro martes 14 de novembro faremos a nosa primeira saída do curso. Iremos á fábrica de patacas de Bonilla en Arteixo. Despois de que nos ensinen as instalacións poderemos disfrutar dun tempo para comer a parva (tentempé) de media mañá. Por iso dentro da mochila grande que traen todos os días á clase sería convinte que trouxeran unha mochila pequeniña cunha botelliña de auga e o que vaian comer (igual que o que traen todos os días). Será así máis doado para eles levar esa pequena mochila quedando a grande na aula.
     Preguntade se tedes dúbidas! Un saúdo!
Resultado de imagen de bonilla fabrica patatas

Buffff canto imos aprender!!!

LIMOS ÁS ESCURAS (OU CASE ÁS ESCURAS)


lemos ás escuras

O martes 31 de outubro aproveitamos a celebración do Samaín para adicar un tempo á lectura. Escollimos varios libros de momias, vampiros, bruxas, monstros,... e dispuxémonos a ler!!! A idea era que a clase quedara totalmente ás escuras para ler coas nosas lanternas pero non foi de todo posible porque temos unha persiana estropeada!!!! Aínda así pasámolo xenial!!! Podedes comentar que vós pareceu a idea.

CANTO APRENDIMOS SOBRE A XUSTIZA

Quedounos moi claro unha cousa: "a xustiza non se paga". Mil grazas Marta e familia pola información. Aproveitamos para aprender o que é a xustiza, un xuizo, o traballo dun xuez/a.

martes, 7 de noviembre de 2017

FICHAS QUE LEVAN PARA A CASA

Bo día! Tal como falamos o día da reunión, o traballo que levan de vez en cando para a casa nunca pode ser un obstáculo para o tempo de lecer. Por iso está pensado para facer moi rapidiño. Non nos podemos olvidar de que non todos os nenos/as seguen un mismo ritmo (como é normal) e por iso un pequeno reforzo na casa de cando en vez será moi beneficioso para ir avanzando día a día na aula. Por todo isto a proposta de traballo (flexible) é a seguinte O traballo que levan os luns pode vir de volta feito o martes ou o mércores. O traballo que levan os mércores pode vir de volta xoves ou venres. O traballo que levan os venres virá de volta os luns. Pretendo así dar máis tempo, e mesmo tempo para repasar na casa unha vez feito o traballo (por exemplo: se unha ficha que se manda o luns xa se fai esa mesma tarde, en lugar de traela o martes pode vir o mércores podendo así volver a lela ou repasala o martes para afianzar contidos). Un saúdo! E xa sabedes animádevos a comentar as entradas do blogue (identificádevos cando o fagades).

viernes, 27 de octubre de 2017

AVISO

Bo día!
Xa lles dixen aos nenos e nenas que o luns se acorden de traer unha lanterna. O martes pasaremos unha sesión terrorífica e adicaremos un tempiño a ler ás escuras libros de pantasmas, momias, esqueletes,...
Resultado de imagen de linterna

martes, 24 de octubre de 2017

24 de outubro. Día das bibliotecas escolares.

Mafalda cumple 53 anos. Pensamos que sería unha moi boa candidata para axudarnos a celebrar o Día das bibliotecas escolares. Falamos da importancia das bibliotecas, do coidado dos libros, películas,...Comentamos tamén que na biblioteca non só atopamos contos, senón que hai libros de música, pintores, países,..Pouco a pouco irémolos coñecendo xa que haberá actividades que faremos na biblioteca precisando contar con toda a información dos libros que alí temos.

DOMINÓ

Pouco a pouco imos tendo e coñecendo máis xogos. Se os coidamos ben, logo teremos moitos máis.

PABLO CUMPRIU 6 ANIÑOS! PARABÉNS

Parabéns Pablo!!!! Que maiores vos ides facendo!!!! Non paramos de festexar. Xa levamos tres cumples e os que faltan aínda!!!

viernes, 20 de octubre de 2017

AVISO

     Bo día!
     Se tedes pola casa algún pantalón de chandal, camiseta, sudadeira,.. que non vaiades usar (moi gastados, zurcidos,...) podedes traela para gardar na aula. Agora que vén a chuvia e o patio vai estar mollado é posible que algún ou algunha caia e se molle. Se conto con algunha muda pois teño a opción de mandalos que se cambien sen ter que chamar á casa. Sei que para moitos/as é complicado acercarse a traerlles roupa nunha situación así.
     Non se trata de que todos traian unha muda. O que pretendo é contar só con tres ou catro mudas para que as poidan utilizar todos/as indistintamente sexan de quen sexan. Cando algún ou algunha leve para a casa unha muda sería ideal que a trouxera de volta canto antes porque é posible que poida facer falta en días posteriores.
     Cando conte con unhas cantas mudas xa vos comunicarei no blogue que non preciso máis.

                                                                                      Podedes consultar dúbidas!!! Un saúdo.


jueves, 5 de octubre de 2017

EXPERIENCIAS NA AULA!!!

Marta tróuxonos dúas setas comestibles. Estivemos observándoas e aprendendo moito sobre elas: o nome, textura, cor,... Tratábase dun níscalo e unha macrolepiota. Xa falamos sobre o beneficiosas que son dentro da nosa alimentación e tamén do perigo de collelas xa que hai que coñecelas moi moi ben.
MOITAS GRAZAS MARTA!!!!!

miércoles, 4 de octubre de 2017

ESTRENAMOS A BIBLIOTECA

A PROFE ANA ENSINÓUNOS AS ESTANTERÍAS DOS LIBROS QUE SON AEITADOS PARA A NOSA IDADE. HAI MOITIIIIIIIIISIMOS!!!ESTAMOS DESEXANDO PODER LEVAR ALGÚN PARA A CASA!!!!