domingo, 25 de abril de 2021

NIÑOS E COMEDEIROS PARA OS PAXARIÑOS


     Este vídeo sérvenos de partida para a nosa próxima actividade. Cando teñamos o resultado final, non dubidedes que volo amosaremos.
     Seguimos sen perder de vista os "3 R"!!!




HORA DO PLANETA


     Premendo na seguinte imaxe podedes ver as propostas do alumnado para coidar do planeta e aforrar enerxía. Enlazamos co blog de 1º de EP xa que fixemos un traballo conxunto. Estade be atentos e atentas, a ver se atopades a vosa proposta!














viernes, 23 de abril de 2021

22 DE ABRIL. DÍA DA TERRA.

  Que importante é saber coidar da nosa Terra e dos elementos naturais que atopamos nela. Niso estamos traballando moito este curso. Desta vez tocóulle á Terra e á Auga.








TALLER DE ILUSTRACIÓN: SUSO CUBEIRO

      O pasado 16 de abril tivemos a sorte de poder contar de novo co ilustrador Suso Cubeiro. Foi un obradoiro moi productivo xa que non só aprendemos a debuxar, senón tamén pequenas anécdotas sobre animais, plantas, etc. Temos grandes artitas na aula. Xa lles dixen: cando sexades famosos, acordádevos de min para adicarme algún cadro!!!










E AGORA...DÉUSENOS POR PLANTAR!!!

      A semana pasada plantamos diferentes tipos de sementes: rúcula, tirabeques, feixóns e valeriana. Vimos que non todas as sementes teñen o mesmo tamaño, forma, cor,...Investigamos para coñecer a que profundidade de plantan, os días que van tardar en medar, etc. Non se nos deu nada mal e ata etiquetamos cada plantación. Deixámosvos unha pequena mostra do noso traballo.





                                      Xa comezan a medrar...pronto volas amosaremos de novo!!!

                                      Aí vos vai unha mostra de como medran as nosas plantiñas!






miércoles, 14 de abril de 2021

ECOSISTEMAS E MINIMUNDOS

      Aínda non rematamos...pero adiantamos parte do traballo que levamos feito. O mellor de todo foi canto disfrutamos!!!! Amosámosvos unha pequena mostra!









lunes, 5 de abril de 2021

AQUARIUM-DOMUS. VISITA VIRTUAL

    O 12 de marzo fixemos unha visita virtual ao Aquarium e á Domus. No Aquarium fixemos un percorrido virtual pola sala Nautilus. Vimos diferentes tipos de peixes e...como non, entre eles estaba Gastón. Coincidiunos de ver como os buzos lles daban de comer e aprendemos moitas curiosidades sobre a vida dos peixes no Aquarium.

     Despois de facer un pequeno descansiño, conectamos coa Domus para ver unha exposición que leva por título "Bocados". Tendo ese título xa se pode intuir que aprendemos moito sobre a importancia de ter  unha alimentación sá,  de facer exercicio,... Como sorpresa final fixemos experimentos!!!!

                                                                                                      Estivo moi ben a experiencia!!!!!


     

 


HORTO ESCOLAR

     O pasado 19 de marzo puxemos en marcha o noso HORTO ESCOLAR. Xa tiñamos intención de empezar o curso pasado pero...pasou o que pasou...tivemos que quedar na casa. Non digades que non traballamos e non se nos diu ben o choio. Veremos agora que tal coidamos o que plantamos e se teremos unha boa colleita.

     Non só aprendemos de plantas...apareceron moitos amiguiños no medio da terra que fomos coñecendo tamén coa axuda do monitor, Aitor.

PREME AQUÍ. GALERÍA DE IMAXES