viernes, 27 de octubre de 2017

AVISO

Bo día!
Xa lles dixen aos nenos e nenas que o luns se acorden de traer unha lanterna. O martes pasaremos unha sesión terrorífica e adicaremos un tempiño a ler ás escuras libros de pantasmas, momias, esqueletes,...
Resultado de imagen de linterna

martes, 24 de octubre de 2017

24 de outubro. Día das bibliotecas escolares.

Mafalda cumple 53 anos. Pensamos que sería unha moi boa candidata para axudarnos a celebrar o Día das bibliotecas escolares. Falamos da importancia das bibliotecas, do coidado dos libros, películas,...Comentamos tamén que na biblioteca non só atopamos contos, senón que hai libros de música, pintores, países,..Pouco a pouco irémolos coñecendo xa que haberá actividades que faremos na biblioteca precisando contar con toda a información dos libros que alí temos.

DOMINÓ

Pouco a pouco imos tendo e coñecendo máis xogos. Se os coidamos ben, logo teremos moitos máis.

PABLO CUMPRIU 6 ANIÑOS! PARABÉNS

Parabéns Pablo!!!! Que maiores vos ides facendo!!!! Non paramos de festexar. Xa levamos tres cumples e os que faltan aínda!!!

viernes, 20 de octubre de 2017

AVISO

     Bo día!
     Se tedes pola casa algún pantalón de chandal, camiseta, sudadeira,.. que non vaiades usar (moi gastados, zurcidos,...) podedes traela para gardar na aula. Agora que vén a chuvia e o patio vai estar mollado é posible que algún ou algunha caia e se molle. Se conto con algunha muda pois teño a opción de mandalos que se cambien sen ter que chamar á casa. Sei que para moitos/as é complicado acercarse a traerlles roupa nunha situación así.
     Non se trata de que todos traian unha muda. O que pretendo é contar só con tres ou catro mudas para que as poidan utilizar todos/as indistintamente sexan de quen sexan. Cando algún ou algunha leve para a casa unha muda sería ideal que a trouxera de volta canto antes porque é posible que poida facer falta en días posteriores.
     Cando conte con unhas cantas mudas xa vos comunicarei no blogue que non preciso máis.

                                                                                      Podedes consultar dúbidas!!! Un saúdo.


jueves, 5 de octubre de 2017

EXPERIENCIAS NA AULA!!!

Marta tróuxonos dúas setas comestibles. Estivemos observándoas e aprendendo moito sobre elas: o nome, textura, cor,... Tratábase dun níscalo e unha macrolepiota. Xa falamos sobre o beneficiosas que son dentro da nosa alimentación e tamén do perigo de collelas xa que hai que coñecelas moi moi ben.
MOITAS GRAZAS MARTA!!!!!

miércoles, 4 de octubre de 2017

ESTRENAMOS A BIBLIOTECA

A PROFE ANA ENSINÓUNOS AS ESTANTERÍAS DOS LIBROS QUE SON AEITADOS PARA A NOSA IDADE. HAI MOITIIIIIIIIISIMOS!!!ESTAMOS DESEXANDO PODER LEVAR ALGÚN PARA A CASA!!!!