lunes, 30 de marzo de 2020

BO DÍA! COMEZAMOS A SEMANA

Resultado de imagen de niños jugando
           Bo día familias:                                                                                                                     
     Sabemos que os nenos e nenas están a traballar moito. Tal e como vos comentamos, cada un ten que levar o seu ritmo adaptándose ás circunstancias familiares. Hai moito material e propostas agora mesmo no blog que seguro que tedes pendentes de facer. De momento non imos propoñer actividades novas. Esta semana ide seleccionando tarefas do blog (se alguén xa ten todo feito, que nolo comunique no correo).
     O que sí que imos ir publicando esta semana son diferentes contos para que poidan ler un pouquiño. Non dubidamos de que na casa seguro que teñen moitos, así que vós elexide e que lean o que máis lles apeteza e lles guste. Non pasa nada se non lles dá tempo xa que para a semana (Semana Santa) poderán gozar da lectura e do tempo de lecer xa que non imos publicar nada ata dar comezo o terceiro trimestre. 
     Xa vos comunicaremos como imos traballar nese último trimestre. Tal e como se vos informou onte dende o cole, esta semana temos que proceder a facer a avaliación do segundo trimestre. Dita avaliación será feita tendo en conta a valoración dos traballos que tiñamos feitos antes do parón das clases (fichas, participación, actitude, comportamento, esforzo, razonamento,...) e tendo en conta tamén a situación que nos está tocando vivir. 
     Para calquera consulta non dubidedes en poñervos en contacto con nós.
                                                                                                                 Un saúdo. 
                                                                                                                 Mari e Vanesa.


CONTO: LA VOCECITA!

https://drive.google.com/file/d/1UDOa4-8tUhrFA2n5zw_RzxcDjttl__Ma/view?usp=sharing

CONTO: EL AMIGO INVISIBLE

https://drive.google.com/file/d/1u1gecq2uhq1S3r9d2DL81L26Eiogfb4N/view?usp=sharing

CONTO: SERAFÍN, EL PÁJARO QUE BUSCABA SU MELODÍA

https://drive.google.com/file/d/1u3NlDzbUn18ShuX60vAZBH--jAlktu7h/view?usp=sharing

sábado, 28 de marzo de 2020

SEGUIMOS SAUDANDO!

Laura traballando moito!!!

Laura facendo xabón. Tes que ensinarnos á volta!!!

Carme disfrutando da natureza. Vaia mandala!!

Carme. Cociñar é unha das actividade estrela destes días!!!

Carme decorando o seu Arco da Vella para darnos ánimos a todos/as.

Ricky facendo unha empanada coa súa avoa. Vaia pinta!
Noa Barro. Arco da Vella en proceso...

Noa Barro. Arco da Vella rematado!! E ben chulo que quedou!
Martín observando a pel dunha cebola co seu microscopio. Que se verá?
Martina López. Pero que ben se entretén!
Macarena traballando moito!

Macarena co seu Arco da Vella fainos unha boa recomendación: "Yo me quedo en casa". Ánimo!!
Carla moi atarefada mándavos un saúdo a todos/as.
Carme aprendendo sobre o pentagrama. Canto artista!!!
Daniel agardando polos seus flocos de millo! Mmmmm!!!

Dani traballando moito moito!

Daniel disfrutando da natureza!!

Dani segue a traballar!
Cantas pezas!!! Ánimo Dani, seguro que eres un experto!

jueves, 26 de marzo de 2020

SAUDAMOS AOS COMPIS!!!





Paula Villaverde. Fermoso Arco da Vella dando ánimos!!!

Paula Villaverde. Repasando cousiñas do cole. 


Ricky co seu ordenador facendo actividades.

A mestra de AL, Fátima, fixo este Arco da Vella co seu fillo e mándavos moitos bicos e ánimos a todos/as.




Ricky traballando!!! Tanto fai unha ficha...como se pon a cociñar! Dalle a todo!
Paula Villaverde. Tarde de manualidades e reciclaxe. Ben feito!

RAZONAMENTO VERBAL 1

https://drive.google.com/file/d/1ku46UyX_0N4qVzSe17rbYjeekinFEAHe/view?usp=sharing

LÓXICO-MATEMÁTICA 1

https://drive.google.com/file/d/1pui0W0RNK6UO8jHYV4VNajtcVfknNGey/view?usp=sharing

FICHAS PASATEMPOS 2

https://drive.google.com/file/d/17xcdoRS8AsehvWdFjXx-1Df8BfuoHvrd/view?usp=sharing

CIENCIAS SOCIAIS. REPASO TEMA: ALDEAS, VILAS E CIDADES.


                   Recordades que xa traballamos as diferencias entre as aldeas, as vilas e as cidades?
Nas cidades hai máis tráfico, comercios, edificios de pisos...Pola contra, nas aldeas (e no campo) hai menos tráfico, hortos con cultivos, vivendas unifamiliares,...
Despois de ver o vídeo podedes coller lapis e papel e escribir se vos gustaría máis vivir no campo ou na cidade e por que.

                                                                                                                      Moito ánimo!

                                                                                                                     Un saúdo, Mari e Vanesa!

CONTO: VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!


                          Este conto traballámolo en Valores, polo que moitos e moitas xa o coñecen.
Se queredes facer un pequeniño resumo do conto en catro ou cinco liñas, dar a vosa opinión, facer un debuxo ou o que se vos vaia ocurrindo, pois sería unha proposta máis para ir facendo neses días.
Se pola contra, só vos apetece velo sen máis, dádelle ao PLAY e a disfrutar!

Un saúdo e moito ánimo, Mari e Vanesa!

QUEREDES SABER COMO ESTÁN A PASAR ESTES DÍAS OS COMPIS?



     Bo día!

     Popoñémosvos que nos enviedes unha foto onde aparezan os nenos e nenas facendo algunha actividade estes días: xogando, cociñando, lendo, facendo manualidades, debuxando,...Tamén podedes enviar debuxos. CON UNHA FOTO É SUFICIENTE.
     Cando as vaiamos recibindo nos nosos correos irémolas subindo ao blog para que as vexades e poidades comentar. Non é obrigatorio, é unha idea para que entre eles/as se poidan ver e saber uns dos outros/as.
     Desexamos que sigades ben! Moito ánimo.

     RECORDADE: AS ACTIVIDADES NON SON OBRIGATORIAS, IDE SELECCIONANDO AS QUE VEXADES QUE OS NENOS E NENAS POIDAN IR FACENDO AO SEU RITMO E TENDO EN CONTA AS CIRCUNSTANCIAS E SITUACIÓN DE CADA FAMILIA. TRÁTASE DE IR REFORZANDO E ASENTANDO CONTIDOS XA TRABALLADOS. NON É O MESMO CANTIDADE QUE CALIDADE. ASÍ QUE NON PASA NADA SE ALGUNHAS DAS PROPOSTAS QUE VOS OFRECEMOS QUEDAN SEN FACER. 

     Mari e Vanesa.

FICHA 5 MATEMÁTICAS. REPASO

lunes, 23 de marzo de 2020

REPASO. LINGUA GALEGA

CUENTOS QUE CONTAGIAN ILUSIÓN

http://bibliotecainfantil.fundaciononce.es/

CONCLUSIÓNS DOS VOSOS COMENTARIOS

Boas familias:
Intentaremos a continuación solventar algunhas das dúbidas que nos estades consultando.
- As actividades interactivas:
Algúns non sodes quen de abrilas. O Adobe Flash Player, como ben me comentaba unha nai, tenderá a desaparecer.  Hai dispositivos que non aceptan ben a súa instalación. Outra nai díxome que lle abren mellor co Explorer que co Chrome. É cuestión de probar.
Conclusión: non vos volvades tolos e tolas se nos vosos dispositivos non podedes abrilas. Non é preciso facer todo o que se vos propón no blog. Intentádeo, pero se non é posible non desesperedes.

-Actividades imprimibles:
Moitas familias non teñen posibilidade de imprimir as fichas. Podedes coller lapis e papel, folios, unha libreta,...e copiarlles actividades das fichas que podedes visualizar pero non imprimir. Xa sabemos que iso leva o seu tempo, pero repetimos, non é preciso facer todo.

- Serven outras actividades que vós propoñades tendo en conta os contidos que xa traballamos.

Tede en conta que na numeración chegamos ata o 99. Podedes plantexar actividades de anterior-posterior, maior e menor, facer series de 2 en 2, de 10 en 10. Sumas (de momento mellor sen levadas ainda que xa tiñamos iniciadas as sumas con levadas non nos deu tempo de adicarlle as sesións suficientes), resta sen levadas, problemas sinxelos de suma e resta dunha soa operación.

Xa coñecen todas as letras polo que agora trátase de coller soltura na lectura e na escritura. Poden crear pequenos contos e ilustralos, facer un pequeno diario, escribir algunha receita de cociña e poñela en práctica, inventar poesías, escribir a letra dalgunha canción, pequenas descricións de persoas, paisaxes, animais,...

Todas estas ideas poden servir para os que non poden dispoñer dun dispositivo para visualizar continuamente as actividades que imos propoñendo ou que non poden imprimilas.

Seguimos contestando aos vosos correos. Moito ánimo. Unha aperta moi forte para o noso alumnado e para as súas familias.

Seguimos en contacto!
Mari e Vanesa.



REPASO. LINGUA CASTELÁ

 PREME NA IMAXE

Algunhas das actividades recollidas nestas fichas xa as fixeron na aula. Propoñémolas de repaso para que as vaian facendo con autonomía.

PASATEMPOS

 PINCHA NA IMAXE

viernes, 20 de marzo de 2020

ANIMAIS 2. IMPRIMIR

PREME AQUÍ

ANIMAIS. REPASO. IMPRIMIR

PREME AQUÍ

REPASO CIENCIAS. Seres vivos. IMPRIMIBLES

PINCHA AQUÍ

Importante:PREGUNTÁDENOS DÚBIDAS

Boas tardes!
Gustarianos saber se podedes facer as actividades interactivas. Insistimos en que hai que ter instalado o ADOBE FLASH PLAYER. Facede comentarios nas mesmas actividades ou nos nosos correos.
Todo o que vos estamos incluindo no blog son propostas para que seleccionedes en función da situación na que vos atopedes (algúns poderán facer só as actividades interactivas, outros poderán imprimir ou non,...). Non vos agobiedes nin vos sintades culpables porque non hai que facer todo nin é obrigatorio. Simplemente é para que refresquen contidos. 
Un saúdo e moito ánimo!Con moitas ganas de velos a todos e todas!!!
Mari e Vanesa.

FICHAS. DISCRIMINACIÓN GRUPOS CONSOÁNTICOS

PREME AQUÍ

MATEMÁTICAS. FICHA 4

PREME AQUÍ

miércoles, 18 de marzo de 2020

MATEMÁTICAS. FICHA 3

PINCHA AQUÍ!!!!
Moito ánimo, Mari e Vanesa!

MATEMÁTICAS. FICHA 2

PINCHA
Saúdos, Mari e Vanesa!

MATEMÁTICAS. FICHA 1

PREME

Un saúdo, Mari e Vanesa!

IMPORTANTE

Este blog xa iniciou a súa andadura hai tres cursos. Por iso hai entradas antigas que pertencen a outros cursos. Fixádevos nas datas de publicación para non caer no erro de visitar contidos que corresponden ao segundo curso da Educación Primaria.

Para solucionar outra dúbida: Cando chegades ao final da páxina no blog, aparecen as palabras "entradas antiguas". Pinchade nelas e ides a outras entradas postas anteriormente.

Un saúdo!
Mari e Vanesa!

ARCO DA VELLA. TODO VAI SAIR BEN!

Unha iniciativa moi fermosa desta situación é que os nenos/as debuxen un arco da vella e decoren as fiestras con eles. É sinal de que todos estamos loitando polo mesmo motivo.
Co creativos que son, de seguro que non fai falla darlles moitas ideas para facer o seu arco da vella empregando diferentes materiais e decoracións. Para os que están cansos e prefiren partir dunha idea inicial, aí vos deixamos unha!
As titoras!

PLANTILLA

CUADERNILLO REPASO. 5 FICHAS DE REPASO

Pequenas lecturas comprensivas.
Cálculo.
Conteo de palabras.
...
Hai un problema que fala de "pesos" como moeda, e non de "euros". Estamos co proxecto das viaxes e xa falamos nas exposicións (pero igual non recordan) que noutros paises teñen outras moedas.Eles mesmos trouxeron billetes e moedas doutros países.

Comentádenos, por favor, se tedes dúbidas. Xa vedes que estamos ofrecéndovos moitas actividades e non é preciso facelas todas, nin é obrigatorio.
PREME AQUÍ

ACTIVIDADES LENGUA CASTELLANA. CUADERNILLO

CUADERNO LENGUA CASTELLANA

Un saúdo, as titoras!

ENLACE AULA VIRTUAL CPI CRUZ DO SAR

Se vos fixades, ao final do traballo para todos os cursos, hai enlaces con aplicacións, vídeos, co Departamento de Orientación do centro,...por se vos serven de axuda para seguir recomendacións e enlazar con máis material.

Consultade dúbidas nos nosos correos!
Un saúdo!
https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/aulavirtual2/course/view.php?id=198

CÁLCULO MENTAL. IMPRIMIBLES

PREME AQUÍ

PLANTILLA PAUTA MONTESSORI. INVENTA UN CUENTO

Inventa un cuento en el que aparezcan las siguientes palabras:

bosque-noche-amigo-hambre-casa

Después haz el dibujo y coloréalo. Cuando volvamos a clase disfrutaremos de las historias!!!
Puede ser en castellano o en gallego.
                                                       
                                                     PLANTILLA

PASATEMPOS-MEMORIA-ATENCIÓN

PREME AQUÍ

RECURSOS IMPRIMIBLES


Bo día familias:
Como o estades levando? Seguro que moi ben, os nenos e nenas son moi responsables e de seguro que non paran de argallar en que invertir o tempo.
Espero que poidades estar empregando as actividades interactivas (requiren ter instalado no dispositivo o Flash). Algunha familia me comentou que non dispoñen de conexión a internet pero que sí poden imprimir fichas e recursos. Por iso iremos subindo recursos imprimibles. Recordade que non os teñen que facer todos nin é obrigatorio. 
Calquera suxerencia ou dúbida, consultade nos nosos correos.
                                                                                                                     Un saúdo! As titoras!
                                                                                                                      Mari e Vanesa!

                                                                       Preme aquí