domingo, 20 de junio de 2021

SEGUIMOS RECICLANDO

   Sen a vosa colaboración, esta actividade non sería posible. Coas indicacións que recibiron na aula, os nenos e nenas foron quen de deseñar e construir diferentes xogos con materiais de refugallo. Pero a cousa non quedou aí...expuxeron na aula como os fixeron, a axuda que tiveron, os materiais que empregaron... Dáselles moi ben a oratoria e para recompensar, recibiron fortes aplausos. Mañá será o día que os poidamos usar na xornada de xogos que levaremos a cabo no polideportivo (o tempo non acompaña e non podemos facelos no monte, moi ao noso pesar). Aí vos vai unha mostra:




ESCORNABOTS

 Escornabots? Iso que virá sendo?

  Pois nada máis e nada menos que uns pequenos robots que o profe de primeiro nos transformou en camións do lixo. Con carrocería nova, dispuxémonos a recoller o lixo que iamos atopando polo camiño. Xa somos expertos! 



SHERLOK...PREPÁRATE!!!

 Cando digo, Sherlok prepárate, dígoo porque temos grandes investigadores e entusiastas das lupas. Certo é que non estabamos investigando, senón observando. Observamos os insectos do monte coas lupas. Xa na clase os estudiamos no libro, pero que mellor que facelo en vivo e en directo. Unha vez observados, puxéronse mans á obra para intentar debuxalos. Que pracer poder debuxar ao aire libre ollando a natureza!!





A NOSA MAQUETA COBROU VIDA

    Con axuda da placa Makey Makey de Digicraft poidemos ver como hai diferentes elementos que son moi beneficiosos para as plantas e outros non tanto. Realmente xa sabiamos cales eran uns e outros porque previamente fixemos o diseño na aula. A algúns tocoulles elaborar elementos beneficiosos: auga, osíxeno, fertilizante natural,...e a outros os perxudiciais: cabichas, velenos, sulfatos, dióxido de carbono,...
Cando se acercaba un elemento perxudicial encendíase a luceciña correspondente que nolo indicaba. O mesmo pasaba coa luceciña que se encencía cando lle acercabamos elementos beneficiosos.



DISFRUTANDO DO ECLIPSE SOLAR

     Despois de explicar en que consiste un eclipse, poidemos ver un. Quedounos moi claro que non podemos mirar o sol directamente pero estabamos moi ben preparados cuns cristais especiais.



                                Algúns ao principio non se atrevían pero despois todos quixron repetir.

lunes, 14 de junio de 2021

POR FIN...RECOLLEMOS O PLANTADO! TEMPO DE COLLEITA

     Xa noutra ocasión poidestes ver todo o que traballamos no noso horto. Como falaba con eles na clase, cando plantamos, non sempre recollemos o que nos gustaría. Nesta ocasión, gran parte do noso horto estaba plantado de repolos e...os repolos...non só nos gustan a nós senón que lles encantan aos paxariños. Aínda que non os poidamos comer, estamos igual de contentos en poder contribuir na alimentación dos paxariños.
Como temos pouco que recoller de momento...o primeiro sorteo foi unha gran leituga que lle tocou ao compi Roi. Parabéns!




COMENDO SANS!


   A idea foi coñecer os diferentes tipos de alimentos, a súa procedencia, analizar os nosos menús e como podiamos elaborar pratos saudables. Levan para a casa os pratos para completar con outros alimentos se lles apetece. Diferencian moi ben os alimentos que hai que consumir con frecuencia dos que só se deben comer en ocasións.



DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS







     En colaboración co alumnado de 1º construímos un pequeno acuario no que empregamos diferentes materiais: caixa de cartón, tapas e tapóns, algunha cuncha, area,... e plástico. Todo isto servíunos para falar dun ecosistema, dos elementos do ecosistema, coidados, o que non debería estar na maqueta,... e todo isto porque o 8 de xuño celebramos o Día Mundial dos Océanos.


martes, 8 de junio de 2021

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 AQUÍ VOS DEIXAMOS MOSTRA DA NOSA PEQUENA APORTACIÓN PARA O CONCURSO DE "LEMA" DE MEDIO AMBIENTE DESTE ANO. PRONTO VEREDES ONDE ESTÁN ESAS FOLLAS E MAZÁS.




PLANETARIO DE MADRID. AL SOL QUE MÁS CUENTA

 

     O xoves, 27 de maio, asistimos  a esta sesión de teatro infantil que planificou o Planetario de Madrid. 
   Coñecimos diferentes lendas, curiosidades sobre o sol,... Unha actividade diferente e que gustou aos nenos e nenas (alucinadon cando souperon que había moitísimos coles de España de doutros países conectados igual ca nós vendo a mesma sesión).



COMPATINDO TEMPO E ACTIVIDADES CON ASPADISOL

  O curso pasado poidemos disfrutar da obra de teatro "A viaxe dos meus 40 dragóns". Unha historia ben fermosa...e aínda máis os seus actores e atrices (ASPADISOL). 

  Este ano escribímoslles unhas pequenas cartas para agradecerlles a súa visita e para felicitalos polos novos traballos que están a realizar coa madeira.


                                 Recolle as cartas a directora, María José, en nome de Aspadisol!!

     Despois de darlles as nosas cartas, recibimos unha sorpresa que nos encantou. Parece que adiviñaron ao que nos estivemos adicando este curso xa que nos agasallaron cunha fermosa xardineira cun sistema de riego moi orixinal. A ver agora se sabemos coidar dela!!!





MOITAS GRAZAS!!! NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!! 

OXALÁ POIDAMOS SEGUIR COMPARTINDO EXPERIENCIAS!!!