martes, 29 de septiembre de 2020

AULA VIRTUAL

      BO DÍA FAMILIAS!!!

      Nos vindeiros días recibiredes a través dos vosos fillos e fillas unhas instruccións para acceder á Aula Virtual do centro. Nas mesmas inclúese como acceder á Aula Virtual e o nome de usuario e contrasinal de cada alumno/a.

      Seguiremos publicando desde este blog pero, no caso de que fose preciso, poderíamos publicar tamén na Aula Virtual. De momento seguide este blog e, no caso de publicar algo na Aula Virtual, xa volo comunicaremos.

        Aínda que de momento non usemos a Aula Virtual, cando recibades o usuario e contrasinal intentade entrar para confirmar que todo funciona. Así, no caso de ter que utilizala, xa saberiades como entrar e consultar información nela.

   Se tedes algunha dúbida xa nos dicides.

                                                                                            Un saúdo, Mari e Vanesa.

    

viernes, 25 de septiembre de 2020

RECORDATORIO

  Bo día familias!!!

 Queremos recordarvos, tal como se vos comunicou a través dunha nota, que revisedes con frecuencia as cabezas dos nenos e nenas xa que se detectaron casos de pediculose (piollos). 
                                                                                                                 Un saúdo.
                                                                                                                 Mari e Vanesa.

miércoles, 23 de septiembre de 2020

ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19

      Bo día familias:

     Enviamos a través dos nenos e nenas a ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN CLÍNICA DO COVID-19 para que a teñades na casa e saibades cales son os síntomas que debedes vixiar nos vosos fillos e fillas.

     NON a hai que traer ao cole cuberta. Queda na casa para que a teñades á man. Fixádevos que vos di que "de presentar calquera dos síntomas que se relatan no anexo, hai que solicitar consulta no centro de saúde".

                                                                                                         Un saúdo, Mari e Vanesa.

viernes, 18 de septiembre de 2020

RECADIÑO PARA ALUMNADO DE 2º A

    Bo día:

    Os que teñen na casa a carpeta de gomas que levaron o curso pasado no mes de marzo para a casa coas fichas que lles enviei para traballar os primeiros días da cuarentena, que a traian por favor. (A carpeta soa).

   Gracias.

   Vanesa.

sábado, 5 de septiembre de 2020

MASCARILLAS E MARCADO DE MATERIAL

    Bo día!

   MASCARILLAS (CUBREBOCAS OU TAPABOCAS): Olvidámonos poñer no listado de material as mascarillas. Imaxino que xa o sabedes polos comunicados nos medios de comunicación pero recordámosvolo:

   Teñen que vir cunha mascarilla posta e outra de reposto na mochila.

   A que veña de reposto xa decidides onde a traen (nunha caixiña de plástico, bolsiña de tea,...). Como é de roposto e está sen usar, igual non é relevante o material do recipiente no que veña.

   A que traian posta, tede en conta que a sacarán para comer a media mañá e algúns no xantar. Sería convinte que traian unha bolsa de tea ou sobreciño de papel para gardala mentras comen. Dicimos de tea ou papel porque é o que recomendan, non é que nos o queiramos así. O que queremos evitar é que a poñan enriba da mesa mentras comen porque van caer ao chan e non é hixiénico tampouco.

Na aula teremos xabón e xel hidroalcólico e desinfectaremos mans e superficies con eles. Se preferides que teñan cada un o seu na bolsa da merenda ou no estoxo da clase, deixámolo á vosa elección. Repetimos, temos na aula.

MARCADO DE MATERIAL: debido á situación que nos toca vivir, sería convinte marcar as cores e rotuladores un por un por se caen ao chan identificar rápidamente ao seu dono/a. (Na parte de arriba de todo da cor ou rotulador un papeliño ou pegatina co nome e unha voltiña de celo por riba ou de calquera outra forma que se vos ocurra).

Para calquera dúbida, xa sabedes, correos electrónicos ou o luns na reunión.

GRAZAS!!!

Mari e Vanesa.


jueves, 3 de septiembre de 2020

LISTADO DE MATERIAL




LISTADO MATERIAL 2º EDUCACIÓN PRIMARIA
(CURSO 2020-2021)

·        3 lapis triplus STAEDLER nº 118

·        3 gomas MILÁN nata

·        1 caixa de ceras duras PLASTIDECOR (24 cores)

·        1 caixa de rotuladores (24 cores)

·        1 caixa de ceras brandas MANLEY ou DACS ALPINO

·        1 afialapis

·        3 barras de pegamento

·        2 carpetas de cartón tamaño folio con gomas (SÓ para o ALUMNADO DE 2º B e ALUMNADO NOVO. O alumnado de 2º A xa as ten na aula)

·        Unhas tesoiras de punta roma

·        1 estoxo grande de cremalleira

·        1 regra de 20 cm

·        1 axenda escolar

·        1 arquivador sinxelo tamaño folio de dous aneis (SÓ PARA O ALUMNADO NOVO, en caso de non telo xa)

·        1 libreta pequena de dobre pauta ancha sen espirais de 3,5 (SÓ PARA O ALUMNADO NOVO, en caso de non tela xa)



- Prégase que o material veña MARCADO co nome do alumno/a.

-En Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá deberán traer só os libros do 1º trimestre CO NOME DO ALUMNO/A XA POSTO.

-Poderán aproveitar o material do curso anterior que estea en bo estado (cores, rotuladores...).


O DÍA DA REUNIÓN XA PODEDES APROVEITAR PARA TRAER O MATERIAL (LEMBRADE QUE TEN QUE VIR MARCADO CO NOME DO ALUMNADO).

ACLARACIÓN: o alumnado de 2º A xa ten as dúas carpetas na aula porque quedaron do curso pasado. O alumnado de 2º B levounas para a casa e só as ten que volver a traer.
O alumnado de nova incoporación debe traer todo (as dúas carpetas, o arquivador e a libreta ademáis do resto do material).

Para calquera dúbida, podedes enviarnos un correo electrónico.
vsanmartin@edu.xunta.es           Vanesa (2º A).
mccainzos@edu.xunta.es             Mari (2º B)


PREME AQUÍ PARA VER E IMPRIMIR O LISTADO DE MATERIAL

BO DÍA FAMILIAS!!! BENVIDAS AO CURSO 2020-21

      Bo día a todos e a todas!!!

     Estamos desexando poder vervos!!!!

     Como ben sabedes, os centros teñen que adaptarse ás normas publicadas no último protocolo da Xunta coas medidas que debemos adoptar. Como hai moitos cambios e seguro que queredes saber como vai ser o inicio do curso, estamos ultimando detalles para poder facer unha reunión con vós antes do día 10 de setembro. Non está sendo nada sinxelo poder adaptar os espazos e os tempos así como as rutinas unha vez dentro do centro e da aula. Por iso, de momento, aínda non podemos darvos unha data concreta para esa reunión pero contade que será para a semana que vén. Estade atentos ao blog (aínda que tamén se enviará información desde o centro). Tamén publicaremos o listado de material para que os que poidades o traiades o día da reunión (así cando empecen os nenos/as xa teremos a clase mínimamente ordenada).

Resumo: reunión a vindeira semana (data e hora por concretar).

               Listado de material que publiaremos no blog e na web do centro.


MOITOS BICOS E APERTAS PARA OS NENOS E NENAS DE 2º DE EP, MARI E VANESA.