martes, 28 de abril de 2020

XOGOS PARA APRENDER!

     Deixámosvos unha recompilación de xogos para "aprender xogando". Desexamos que vos gusten!




lunes, 27 de abril de 2020

BERGONDO NUN CONTO!!! ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!!

     Deixámosvos o enlace por se queredes participar nunha actividade que propón o Concello todos os anos . Se algún/a se anima xa sabe...a ler moi ben as bases e a entregar dentro do prazo que se indica. Ánimo!
PREME NA IMAXE!


http://bergondo.gal/noticias/noticia/articulo/xxi-edicion-do-concurso-bergondo-nun-conto/

domingo, 26 de abril de 2020

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL


      Ola familias:
      Esta semana ten catro días xa que o 1 de maio é festivo.
     Para esta semana propoñémosvos tres actividades de pasatempos, lingua galega e ciencias sociais (Padlet con vídeos, contos, experimentos,...)  . Xa sabedes, seleccionade o que se adapte ás vosas circustancias.   PREMEDE NAS TRES IMAXES!!

     IMPORTANTE: entendemos que todas as familias recibistes un sms cun aviso do cole. A partir da semana do 4 de maio empezaremos a traballar cos libros do terceiro trimestre. Ao longo da semana do 27 ao 30 de abril, por favor, comunicádenos cales son as familias que contan cos libros do terceiro trimestre na casa (para as que non os teñan, seguiremos propoñendo as actividades desde o blog ou enviaremos as actividades aos vosos correos particulares).  Sabemos que non todas as familias avanzan nas tarefas do cole cos seus fillos ao mesmo ritmo. A pesares de que cada familia vaia levando o seu propio ritmo, sí que iremos pautando desde o blog o ritmo e dirémosvos cales son as actividades que se propoñen para cada semana (non avanzar libremente nos libros). Se tedes algunha dúbida, consultádea con nós nos nosos correos e, como dixemos anteriormente, informádenos ao longo desta semana que familias tedes na casa os libros do terceiro trimestre (tendo en conta o sms que recibistes do colexio o venres pasado).

 https://drive.google.com/file/d/1XKyRY9Pib-JulNrCCAgO64tCLHKiII4D/view?usp=sharing PASATEMPOS


https://drive.google.com/file/d/1X25ksV-zJuoJOeZnS-3NP7-sm1MfpX-N/view?usp=sharingLINGUA GALEGA


https://padlet.com/vsanmartinlopez/71ck7l3w8qtbvm2e  PREME NA IMAXE. PADLET DE ACTIVIDADES
  CIENCIAS SOCIAIS. AUGA E AIRE.
 Como os seres vivos non só precisan auga e aire para vivir, neste tema incluimos tamén o SOL. Así aprenderán sobre os estados da auga, o día e a noite, o calendario, o paso do tempo,...e moitas cousas máis. Visualizando este PADLET aprenderán moito. Seguro que moitos/as se animan a seguir investigando sobre o tema. Veredes tamén que hai un vídeo con experimentos por se algún se anima.
     Se alguén quere realizar algunha actividade de "lapis e papel", deixámolas pinchando nos seguintes enlaces. Calquera dúbida, xa sabedes...consultádea con nós.
ÁNIMO!!!

FICHA 1

FICHA 2

FICHA 3

FICHA 4

martes, 21 de abril de 2020

OS COMPIS QUE SE ANIMAN A CELEBRAR O DÍA DO LIBRO!!


RECORDADE ENVIAR AS FOTOS TAMÉN AO CORREO DA BIBLIOTECA PARA QUE FORMEN PARTE DA FOTOMONTAXE QUE IMOS FACER COAS FOTOS QUE VAIAN CHEGANDO DE TODO O COLE!
bibliotecacruzdosar@gmail.com

Gaela gozando da lectura ao aire libre!!!


Noa reflexa no seu marcapáxinas a chegada da primavera. Quedoulle xenial!

A profe Fátima tamén vos desexa un feliz día do libro. A colección "De la cuna a la luna" ten moito éxito entre os máis pequenos.
A profe Mari lendo un libro dun dos seus autores favoritos, Bernardo Atxaga.

Noa, menuda colección. Os Bolechas arrasan!!. O da casa da Mosca Fosca gusta moito!
Laura moi concentrada disfrutando da lectura!!!
A profe Vanesa aproveitando estes días para argallar novas ideas para traballar na aula.

Valeria cun libro dos Bolechas. Menuda colección!

Martina López co libro que está a ler. E o marcapáxinas...adiviñades por que ten o número 7?Mirade a seguinte foto e descubrirédelo.
Martina cumpriu 7 aniños! Parabéns! Seguro que o celebraches igualmente e cando poidas celebraralo con amigos/as e familia.




Ricky e Marc rodeados de libros! Dá gusto ver como os irmáns maiores len para os pequenos!


Carlos co seu irmá Lucas disfrutando da lectura. Mirade como lle atende o peque! O rei león sempre é un acerto!

Carme le un libro que me gusta moito. "Amelia quere un can". Moi boa elección!

Carme xa ten listo o seu marcapáxinas. É unha gata lectora. A idea tédela na entrada "Obradoiros en tempo de confinamento".
Paula tamén se animou a facer o seu marcapáxinas. Que chulo lle quedou!

Paula co seu marcapáxinas e o libro que está a ler. Moi ben equipada!

Mateo fixo unha dobre celebración: o día da Terra e o día do libro! Non perde xeira!
Xián: libro, tumbona, gafas de sol, postura cómoda...e a disfrutar da lectura!


lunes, 20 de abril de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO!



   

                                                    Porción de libros stock de ilustración. Ilustración de icono ...

     O 23 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO. XA O PASADO 2 DE ABRIL FOI O DÍA DO LIBRO INFANTIL. TODOS COÑECEMOS A IMPORTANCIA DOS LIBROS, DA LECTURA,... QUE CERTO É ISO DE "QUEN TEN UN LIBRO, TEN UN TESOURO".

   É POR ISO QUE VOS IMOS FACER UNHA PROPOSTA PARA CELEBRALO COMO SE MERECE.

   Ímonos fotografiar e enviar unha foto do noso tempo de lectura para posteriormente subir ao blog.       Botádelle imaxinación:

- Podedes estar sós ou lendo en familia.
-Escollede o libro que máis vos guste, ou o máis novo, ou que estades lendo neste momento,...
-Tamén podedes facer construcións cos voso libros e facer a foto lendo ao seu carón.

      A mesma fotografía podedes enviala ao correo da biblioteca para participar nunha fotomontaxe con todas as que cheguen de todos os cursos: bibliotecacruzdosar@gmail.com.

     
     Aportamos ideas para facer os vosos propios MARCAPÁXINAS. Podedes enviarnos fotos para ver que chulos vos quedaron. Xa sabedes, son ideas e propostas, vós deixade voar a vosa imaxinación e creatividade. Ánimo! (Recordade que é unha actividade voluntaria).

                                              Preme na imaxe para ver algunha idea.

                                                               

https://www.pequeocio.com/10-marcapaginas-originales/