domingo, 31 de mayo de 2020

SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO


     OLA "PEQUENOS CRUZDOSARISTAS":
   Que tal estades? Coa chegada do bo tempo do que máis gañas temos é de ir á praia, pasear, xogar,...Seguimos cunha proposta para esta semana, similar á das semanas anteriores. Xa sabedes que é unha programación flexible.
    Estamos moi agradecidas coas mostras dos traballos que nos estades enviando. Valoramos moi positivamente o esforzo que estades facendo todos e todas. Moito ánimo!
                                                                              UNHA APERTA, MARI E VANESA.
     
      AVISO: O VENRES DÍA 5, EN LINGUA CASTELÁ, NA PÁXINA 211 PON SÓ O EXERCICIO 1 E HAI UN ERRO. PÁXINA 211, EXERCICIOS 1 E 2. DISCULPADE, PASÓUSENOS.

      PREME AQUÍ PARA IMPRIMIR A PROGRAMACIÓN

      VALORES
     Esta semana traémosvos un conto que nos encanta. Relata moi ben a importancia de ter en conta os consellos que nos dan outras persoas e o valor da amizade. Xa sabedes, se quederes enviádenos unha foto dun debuxo do conto.
     Ademáis tamén tedes unha actividade interactiva que sabemos que vos gustan moito.
     1.- A CEBRA CAMILA:
         PREME NA IMAXE!
    2.- ACTIVIDADE INTERACTIVA DAS BOAS ACCIÓNS:
                        https://es.liveworksheets.com/nf245620ahPREME NA IMAXE

       5 DE XUÑO. DÍA DO MEDIO AMBIENTE.
      A semana pasada publicamos no blog unha actividade proposta polo EDLG para participar no "2º concurso de lema de Medio Ambiente". Tedes de prazo ata o 2 de xuño para poder participar. Aínda vos dá tempo. 
     Non queremos que este día pase desapercibido e por iso compartimos con vós este contiño.         Ollade ben e sacade as vosas propias conclusións. 

                                                      "RANA DE TRES OJOS"



        RECUNCHO DO ARTISTA:
     Aquí tedes dúas actividades moi sinxelas pero moi divertidas. Se decidides facer algunha e nos queredes enviar unha foto, subirémola ao blog encantadas para que todos os compis as poidan ver.                    PREMEDE NAS IMAXES!

1.- Como debuxar unha ra?   Se lle queredes facer tres ollos, ben podería ser a protagonista do conto desta semana, non sí?
                               
https://youtu.be/R_5ZKuGWns0     

 2.- Como debuxar flores? Agora que os campos e xardíns están cheos de flores, seguro que vos fixastes en que non todas son iguais senón que as hai de moitas formas, cores, tamaños,...Aquí tedes unha idea para aprender a debuxalas. Non dubidamos da vosa creatividade, así que, podédelas facer así ou como se vos ocorra.
                                
    


    VÍDEOS DA PARTICIPACIÓN DO  ALUMNADO DO CPI CRUZ DO SAR NAS ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS: PREME NA IMAXE!



    ACTIVIDADES INTERACTIVAS: Incluimos algunhas dos días da semana xa que os estamos a traballar na área de matemáticas.
(VOLUNTARIAS)
https://es.liveworksheets.com/it438148fe       
https://es.liveworksheets.com/dl187052fa

https://es.liveworksheets.com/hz479313og
https://es.liveworksheets.com/qn491062xj
https://es.liveworksheets.com/gk317937ld


IMAXES DA VOSA PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES

Cantas raias de cores lle fixo Valeria á Cebra Camila!!! Que ben feitiña lle quedou!
Ricky preséntavos á súa "Ra de tres ollos". No medio desa paisaxe tan chula, vese moi contenta!

                                   
                        Non só temos artistas senón ollade a Mateo disfrutando do experimento que vos propuxemos. Ten aires de científico!
Grazas a Noa Barro por enviarnos este debuxo tan chulo do ELEFANTE BERNARDO. Noraboa artista!
Mateo disfrutou estampando froitas facendo selos de diferentes formas. Mirade que orixinal!
Como estamos traballando o respecto polos seres vivos, Martín quixo investigar un pouquiño. Así que prismáticos e lapis e papel en man para anotar todas as curiosidades dos animaliños que foi atopando polo seu xardín.
Edurne quere compartir con todos vós o seu debuxo da Cebra Camila. Ollade que chulo lle quedou!

Edurne estase facendo unha experta nisto de debuxar personaxes de contos. Mirade que ben lle saiu o Elefante Bernardo.

A vosa compi Edurne reflexa no seu debuxo como as pelexas entre o oso e o cervo non lles axudan en nada para poñerse de acordo.
Daniel de 1º B animouse coas flores que vos propuxemos facer esta semana. Ben parece un cadro dun artista non sí?

A cara de Gaela xa o di todo. Non pode dicir que non o pasou ben estampando as froitas.
Aquí nos amosa Daniel de 1º B a súa ra de tres ollos feita coa técnica que vos aparecía no vídeo das actividades do blog. Quedoulle xenial!


Valeria tamén fixo a súa ra de tres ollos e aproveitou para decorar o seu debuxo coas flores que puidestes ver no vídeo da última semana. Que chulo lle quedou!
Noa Barro comparte con todos vós o seu debuxo da Cebra Camila. Saiulle mi moi ben! 
Esta é a "ra de tres ollos" de Mateo. Parabéns Mateo, quedouche moi ben!

Mateo comparte con todos vós a súa flor. Que chula lle saiu! 
Mateo estivo aprendendo moito sobre as plantas: as súas partes, coidados que precisan,... As follas son unha parte das plantas, pero ollade de cantas formas poden ser!!

Noa Barro envíanos o debuxo sobre o último curto que subimos de Valores. Ollade que ben fixo a barca, a Joy e a Heron.

Hai uns días que Daniel de 1º B estivo de aniversario e quere compartir con todos vós unha imaxe da súper festa que fixo para celebralo. Parabéns Daniel!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

2º CONCURSO DE LEMA PARA O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

     Recordade que se decidides participar, tedes que enviar o debuxo co lema ao correo do EDLG (equipo de dinamización da lingua galega). Prazo para envialos ata o 2 de xuño.                                                                                                                                           Animádevos!                                        
                                                             PREME NA IMAXE!


domingo, 24 de mayo de 2020

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO


        Ola "PEQUENOS CRUZDOSARISTAS":

     O tempo pasa voando e aquí estamos de novo... Desexamos que todos e todas estedes ben. Agradecemos moito as mostras dos traballos que nos estades enviando. Permítennos facer un seguemento dos nenos e nenas así como facervos pequenas recomendacións ao respecto.
Se tedes algunha dúbida, suxerencia ou recomendación poñédevos en contacto con nós a través dos nosos correos.


PREME AQUÍ PARA IMPRIMIR A PLANIFICACIÓN

- REPASO "CA, QUE, QUI, CO, CU": esta semana (o xoves) toca repasar "ca, que, qui, co, cu" e para recordar o que tiñamos traballado na clase, deixámosvos o "SWING DO CA, QUE, QUI,CO, CUque vos axuda moito a recordar como se escriben. Seguro que todos/as vos acordades!!!



- Para coñecer ben as moedas e os billetes recordade que na caixiña de matemáticas na que veñen os libros, tedes unhas moedas e billetes troquelados que podedes coller para facer os exercicios do euro dun xeito máis manipulativo. Recordade despois gardalos ben nun sobreciño ou nun moedeiro que teñades pola casa.

- VALORES. Esta semana propoñémosvos dúas actividades:
     *Ás veces facémoslles bromas aos demáis e a nós fannos moita gracia pero...que pasa se só nos fan graza a nós e realmente molestamos aos demáis? Mirade o que lle pasou ao Elefante Bernardo. Se ao final queres enviarnos unha foto dun debuxo do conto, compartirémola no blog e poderana ver os compis.




    *SOPA DE LETRAS DAS EMOCIÓNS.  PREME NA IMAXE.


https://es.liveworksheets.com/yz429628se


- EXPERIMENTO: as semanas pasadas propuxémosvos algunha manualidade e moitos vos animastes a facelas e ata nos enviastes fotos para compartir cos compis. Esta semana propoñémosvos un experimento. Se sacades algunha foto e queredes compartila, envíadea aos nosos correos.


                          Ao final do vídeo tedes a explicación de por que o papel non se molla.


 - RECADIÑO DO MESTRE DE RELIXIÓN: consultade na Aula Virtual o apartado de Relixión xa que ten unhas tarefas propostas para facer de aquí a finais de curso. Para o alumnado de primeiro, en concreto, pide que lle vaiades enviando unha pequena mostra das páxinas que ides adiantando ao longo das semanas.


- ACTIVIDADES INTERACTIVAS: a semana pasada puxémosvos unhas actividades interactivas para repasar as letras que xa coñecemos. Esta semana serán de matemáticas. Son moi sinxeliñas. Ánimo! Xa sabedes, premede nas imaxes. ACTIVIDADES VOLUNTARIAS.

https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Anterior_y_posterior/Anterior_posterior_th70505cf              https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Numeraci%C3%B3n/N%C3%BAmeros_1%C2%BA_nd49558gp           



https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Decenas_y_unidades/Decenas_y_unidades_yd332140tn
                             https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Sudokus/sudoku_1_jf5215ht



https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Sudokus/Sudoku_1_kj523110br                                  https://es.liveworksheets.com/worksheets/es/Matem%C3%A1ticas/Monedas_y_billetes/Monedas_II_sj117809ku