lunes, 22 de junio de 2020

BO VERÁN!!! VÉMONOS EN SETEMBRO!

             
                                                       
CARLA


DANIEL

EDURNE

MARTINA

NOA

CARME

MATEO

LAURA

VALERIA

VALERIA

HUGO

HUGO

PAULA E MARTA

PAULA V

PAULA V

CARME

ROI

ROI
XIÁN
VANESA

                                                                                                         

                                                               BO VERÁN, VÉMONOS EN SETEMBRO!
                                                               MARI E VANESA.

jueves, 18 de junio de 2020

RESULTADOS DA ENQUISA

PREME AQUÍ PARA VER OS RESULTADOS

Moitas Grazas

FIN DE CURSO!!!

     OLA PEQUENOS CRUZDOSARISTAS!!!

    O curso chega ao seu fin. Queremos transmitirvos o orgullosas que estamos de vós polo traballo tan ben feito estes últimos meses. Sen dúbida foi un curso no que todos aprendemos moito, nós incluidas. 


- DIPLOMAS FIN DE CURSO:
    Deixámosvos dous modelos de diploma por se alguén os quere imprimir e mesmo enmarcar como recordo do ben que traballastes todo o curso. Se pinchades nas imaxes, tedes acceso aos diplomas en formato PDF.





- RECOMENDACIÓNS DE VERÁN:


     Como algunhas familias preguntades por algún traballiño para repasar durante o verán, a continuación deixámosvos algunha idea. O feito de que nós propoñamos estas suxerencias non quere dicir que isto se teña que convertir en algo obrigatorio, senón VOLUNTARIO para os que así o pedistes.

- Podedes rematar os libros de primeiro. Se todo vai ben, comezaremos o curso en setembro repasando todos os contidos de primeiro que nos permitan partir dunha boa base para avanzar cos contidos de segundo. Así que non hai necesidade de que pasen todo o verán traballando. Sede moi flexibles xa que están cansos e necesitan sair ao aire libre, disfrutar dos amigos, da familia,...

- Algunhas familias pedides recomendación dalgún cuadernillo de repaso. Nós non temos preferencia por ningún en concreto. Hai moitas editoriais que teñen cuadernillos de repaso. Tede en conta que debe de ser de repaso de primeiro. Se decidides mercar algún, sería convinte que o elixan eles/as. 

- Os que non optedes por cuadernillo de repaso nin por rematar os libros de primeiro, tede en conta as recomendacións que arriba se indican: ler, escribir (ex: un diario, describir lugares que visiten,...), falar e contar as súas vivencias, de maneira oral ou escrita poden repasar a numeración traballada (do 0 ao 99), algunha suma ou resta de vez en cando,... Sempre sen cansalos e tendo en conta que nas vacacións precisan descansar e disfrutar de tempo libre.

- SEGUIMOS RECIBINDO FOTOFRAFÍAS DE DESPEDIDA DO CURSO. CANDO TEÑAMOS MÁIS XA AS PUBLICAMOS. GRAZAS!!!

- COMUNICÁRONNOS QUE OS LIBROS QUE TEÑADES NA CASA DA BIBLIOTECA DO CENTRO E/OU AS MOCHILAS VIAXEIRAS VIRÁN DE VOLTA EN SETEMBRO. POÑÉDEOS A BO RECAUDO PARA SABER ONDE LOCALIZALOS DESPOIS DE QUE PASE TANTO TEMPO. GRAZAS.

- RESULTADOS DA ENQUISA ÁS FAMILIAS:

   Antes de nada dicirvos que todas as propostas que vos fixemos ao longo destes últimos meses, foron feitas coa intención de darlle certa continuidade ao curso. En ningún momento quixemos saturarvos coas tarefas escolares pero desde marzo a xuño faltaban moitas semanas para rematar o curso. Vendo algunhas das respostas da enquisa pensamos que non estivemos acertadas en todo, ou polo menos non tanto como nos gustaría a nós. Entendemos que para vós é máis doado responder a unha enquisa anónima que facernos algunha recomendación ou suxerencia no blog. Tomamos nota e terémolo en conta á hora de facer a nosa propia autoavaliación.
Podedes ver as respostas na publicación "RESULTADOS DA ENQUISA".





                                                        UNHA APERTA PARA TODOS E TODAS!!!
                                                        VÉMONOS EN SEGUNDO.
                                                        MARI E VANESA.







domingo, 14 de junio de 2020

SEMANA 15-19 DE XUÑO

      OLA PEQUENOS CRUZDOSARISTAS!!!

      Esta é a última semana do curso e queremos dicirvos que estamos moi orgullosas de vós e do moito que traballastes. Parabéns!
      Como ben sabedes, se estiveramos no cole, esta semana sería especial. Sería unha semana de ledicia porque comezan as vacacións de verán, pero tamén de despedidas. A continuación imos propoñervos unha actividade para despedir o curso como se merece. 

       A idea é que todos e todas vos despidades dos compis e das profes dunha maneira diferente. Ollade!!!

          PHOTOCALL PARA DESPEDIR O CURSO:
      Que vos parece se facedes un pequeno decorado ou simplemente vos vestides estivais ("veraniegos") para a ocasión e sacades unha foto ben chula para enviárnola? Cando as teñamos, publicarémolas e compartirémolas con todos/as.  
       Deixámosvos unhas cantas ideas. Non se trata de que lle adiquedes moito tempo, traballo e esforzo a facer un decorado (podedes disfrazarvos con gafas de buceo, aletas, flotadores, toalla de praia, cubo e pá,...) Ollade estas propostas:

     
   


       

DEIXÁMOSVOS TAMÉN ALGUNHAS ACTIVIDADES INTERACTIVAS POR SE ESTA SEMANA VOS APETECE FACER ALGUNHA (NON SON PARA ENVIAR E SON VOLUNTARIAS).

https://es.liveworksheets.com/sc539288ps
https://es.liveworksheets.com/yx725847hs

https://es.liveworksheets.com/gy551214fy

https://es.liveworksheets.com/cg667922pg
https://es.liveworksheets.com/zz719179gb


https://es.liveworksheets.com/fk691855og

https://es.liveworksheets.com/oh755202bj
INFORMACIÓN IMPORTANTE: recibiredes as notas en Abalar Móbil o día 23 de xuño.

ESTAMOS ESPERANDO A RECIBIR INDICACIÓNS PARA SABER SE TEDES QUE ACHEGAR AO CENTRO OS LIBROS DA BIBLIOTECA E MOCHILAS VIAXEIRAS. EN CANTO O SAIBAMOS, PUBLICARÉMOLO NO BLOG.

MOITOS/AS NOS PREGUNTADES POR ALGUNHA RECOMENDACIÓN DE TAREFAS PARA O VERÁN. ANTES DE NADA, DICIRVOS QUE OS NENOS E NENAS TEÑEN QUE DESCANSAR, XOGAR, SAÍR AO AIRE LIBRE,... DE TODAS FORMAS, PUBLICAREMOS ALGUNHAS PROPOSTAS PARA OS/AS QUE AS ESTADES PEDINDO.

PUBLICAREMOS OS RESULTADOS DA ENQUISA EN CANTO TEÑAMOS MÁIS RESPOSTAS. MOITAS GRAZAS A TODOS/AS.
                                                                                             MARI E VANESA.

miércoles, 10 de junio de 2020

DESPEDIDA DO CURSO CUNHA VIDEOCONFERENCIA

     Ola familias!!!

     Queremos propoñervos unha videoconferencia para que os nenos e nenas se poidan despedir deste curso tan "raro" para todos/as. 
     Recibieredes nos vosos correos unha invitación da titora que teredes que aceptar (os/as que queirades participar, xa que non é obrigatorio). Ao aceptar esa invitación sairavos un número de reunión que será o que teñades que introducir na aplicación o día da reunión.
       Explicarémosvos os pasos que tedes que ir dando para conectarvos.
     Como o alumnado destas idades non ten autonomía, pensamos que o mellor é facer a reunión o sábado día 13 de xuño ás 12 da mañá para que poidan ter axuda dalgún familiar que lles bote unha man para concectarse. 
     Empregaremos a plataforma da Xunta: Cisco Webex. Tedes que rexistrarvos nela e o día da reunión entrar e introducir o número de reunión. Entre hoxe, mañá e pasado intentade buscala e rexistrarvos para que o sábado só teñades que acceder. Os que non queirades participar, con non aceptar a invitación xa sería suficiente.
                    PREME AQUÍ PARA VER OS PASOS PARA ACCEDER Á REUNIÓN

Último día lectivo – CEIP FERNANDO GUANARTEME

                                               Moitas grazas, un saúdo, Mari e Vanesa.


sábado, 6 de junio de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

     Que tal "Pequenos Cruzdosaristas"?

     Estamos na recta final. Quedan dúas semaniñas para rematar. Tedes forza e ánimo para facer un último esforzo? Seguro que sí. Confiamos moito en vós porque nos estades demostrando que sodes uns campións.
     Esta semana será a última que publiquemos unha programación semanal para traballar nos libros. Tal como nos están dicindo algunhas familias, os nenos/as xa van cansos (xa no cole nestas datas  tamén  estarían cansos). Por iso deixaremos a semana do 15 ao 19 de xuño para que os que levan un pouco de retraso se poidan poñer ao día e poidan enviar o traballo que teñan pendente destas últimas semanas. O traballo que propoñemos a continuación será o último que nos teñades que enviar.

     De todas formas, seguiremos publicando no blog outro tipo de actividades de cara a ir cerrando o curso. Así que o vindeiro domingo non contedes cunha proposta de traballo nos libros, senón con algún curto e actividades interactivas voluntarias. 

      Se tedes dúbidas, estamos dispoñibles nos nosos correos. Desexamos non estar interrumpindo moito a vosa vida familiar e laboral, xa que sabemos que moitos/as vos estades reincorporando aos traballos e outros moitos o estivestes facendo desde o principio.
                                                       UN BICO VIRTUAL PARA TODOS/AS.
                                                       MARI E VANESA.💕

      PREME AQUÍ PARA IMPRIMIR A PROGRAMACIÓN


VALORES: Ides coñecer a historia dun canciño chamado Joy e unha garza chamada Herón. É unha historia que trata de facernos ver o valor da empatía e a amabilidade. É moi importante que cando nos relacionemos con outras persoas sexamos capaces de comprendelas e de poñernos no seu lugar. 

     Cando remate o vídeo, colle lapis e papel e intenta contestar a estas preguntiñas. Non fai falta que copies as preguntas, con poñer o número da pregunta coa súa resposta xa chega. 
     Están en castelán porque xa sabedes que Valores é unha materia na que traballamos nesa lingua.
1.- ¿A dónde van el señor y su perro?
2.- ¿Por qué le ladraba el perro a la garza?
3.- ¿Para qué quería la garza los gusanos de la pesca?
4.- ¿Qué hizo Joy cuando "comprendió" lo que pasaba?
5.- ¿Cómo agradece la garza lo que hizo Joy?
Si quieres haz un dibujo de Joy y Herón.
   


XOGOS TRADICIONAIS: As semanas pasadas tivestes algunha proposta dalgún experimento e manualidades. Esta semana propoñémosvos uns "xogos de mesa tradicionais". Na casa, os maiores, seguro que os coñecen todos.



-PREME AQUÍ PARA XOGAR AO "CHIMBIRICHE", "XOGO DOS CEROS" OU "PAUS E CAIXAS"   Este xogo ten moitos nomes. No vídeo non lle fagades caso á última parte onde se di que hai unha variante que permite xogar con multiplicacións.

     A continuación deixámosvos unha plantilla para xogar a estes tres xogos tan divertidos. Hai moitas formas de facer os taboleiros para xogar. Se vos animades a aprender a xogar a algún deles e mesmo a construir algún taboleiro de xogo ou xogar con alguén na casa, podedes mandarnos unha imaxe e compartirémola cos compis.

Juegos de lápiz y papel: 3 en raya, ahorcado y timbiriche en 2020 ...

ACTIVIDADES INTERACTIVAS:  As semanas anteriores fixestes algunha ficha interactiva de lectoescritura e matemáticas. Esta semana imos darlle paso a un pequeno repasiño das áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.
Xa sabedes que son voluntarias. Podedes autocorrexilas na mesma páxina onde facedes a ficha. Non premades en enviar á profe porque non estamos habilitadas para ver as vosas respostas.
Desexamos que vos gusten!

https://es.liveworksheets.com/fu219998ij

https://es.liveworksheets.com/up94147xo


https://es.liveworksheets.com/vp70550sk


https://es.liveworksheets.com/ee357025fl


https://es.liveworksheets.com/tc153143mn