lunes, 31 de mayo de 2021

COMENDO SAN!

Ola familias!!! Aquí tedes unha pequena mostra de parte do traballo que levamos feito en relación á actividade Comendo San! Cremos que é moi importante que os nenos e nenas tomen conciencia da importancia de ter unha boa alimentación, de facer exercicio,... Son coñecementos e hábitos moi importantes non só agora senón para o longo da vida.
Moitas grazas pola vosa colaboración. Estade atentos porque seguiremos traballando nesta liña.




jueves, 27 de mayo de 2021

RAPUNZEL CON PIOLLOS

 Depois de gozar da lectura deste libro tan divertido no que saen moitas personaxes xa coñecidas doutros contos, adicamos un tempiño a facer cambios na vestimenta orixinal de Rapunzel na portada do libro.

A última sesión de lectura antes de rematalo, fixémola de novo ao aire libre e non nos puido gustar máis.






DE NOVO, UNHA SORPRESA NO PATIO





     Se a semana pasada a sorpresa foi o ovo de paxariño que apareceu no patio, esta semana a sorpresa non foi máis pequena e menos emocionante xa que nos visitou unha libélula durante a nosa estancia no patio.



 

martes, 25 de mayo de 2021

SORPRESA DO VENRES PASADO

      O venres pasado unha cociñeira do cole atopou un ovo e tivo a gran idea de traelo para a clase para que o viran os nenos e nenas.

     Cando o viron, chamoulles moito a atención a súa cor... e fixemos un concurso para adiviñar a que animal podía pertencer.

     Ideas non faltaron: dinosauro, pavo real, martiño peixeiro, axolote, merlo, atinarían con algún?


PARABÉNS AO NOSO COMPI FRAN

 Fran foi o gañador do concurso "Bergondo nun conto". A verdade é que fixo unha poesía moi fermosa!

Foi unha actividade na que aprendemos a "crear poesías". Levounos o noso tempo pero conseguimos facer un bo traballo. Parabéns a todos e todas!!!!




                                PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO DOS NOSOS TRABALLOS


XA TEMOS OS NOSOS NIÑOS/COMEDEIROS!!

 

Estamos agardando a poder baixar ao monte para colocar as novas casiñas dos paxariños que veñen visitar o noso cole. Quedaron moi chulos e mesmo algún xa se animou a traer alpiste para alimentar os paxariños.







    
    Ollade que ben quedaron no monte...aínda que o sistema que lles puxemos para suxeitalos non foi o axeitado. Agora non dubidamos de que na casa de cada un terán un lugar privilexiado.






jueves, 20 de mayo de 2021

SEGUIMOS RECICLANDO E REUTILIZANDO!

             Ollade que bolboretas máis fermosas fixeron os nenos en plástica co profe José Manuel.





Xián, moi concienciado na temática deste curso da reciclaxe... É un artista!





Remolque e apeiros para traballar a terra. Que ben nos virían para o noso horto (aínda que é pequeniño e ben o damos traballado nós, que voluntarios non faltan).

Laura tamén se animou a participar. Tivo un axudante estupendo. Seguro que o pasaron xenial. Á vista ésta o castelo tan chulo que fixeron con botellas de plástico e unha caixa de cartón.



jueves, 13 de mayo de 2021

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRA GALEGAS. XELA ARIAS

 

ILUSTRAMOS UN RELATO DE XELA ARIAS, autora á que se lle adican este ano as Letras Galegas.
Adicaremos estes días unhas sesións a coñecer a vida e obra da autora (aínda que xa lle adicamos os nosos marcapáxinas para o concurso do concello).







                      
                                                    TRABALLAMOS A OBRA DA AUTORA





miércoles, 5 de mayo de 2021

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO

      As semanas pasadas estivemos adicando parte do noso tempo á lectura en grupo. É unha actividade que lles gusta moito, sobre todo, porque saímos ao monte e, entre todos, buscamos un lugar ideal para adicar á lectura e disfrutar dela. Para facer esta actividade, eliximos o libro de Rapunzel con piollos.

                                                                                              Non sabedes canto lles está gustando!!!!






E como actividade final... un pequeno conto un tanto "diferente". 
Se alguén ten ganas de reunir os seus contiños na casa e crear un conto...será ben recibido para compartir cos compis.


martes, 4 de mayo de 2021

PRÓXIMO PROXECTO EN MARCHA...

      Ola familias:

     O traballo conxunto iniciado na aula xunto coa vosa colaboración e o traballo dos nenos e nenas, vai collendo forma. Adiantamos parte do traballo realizado. Moi pronto vos amosaremos o resultado final. Agora é o momento no que os nenos e nenas se adicarán a "crear" e a darlle forma a esta idea.