Bo día familias:
Como algunha familia nos preguntou pola celebración do samaín queremos informarvos de como poderán vir os nenos o día 30 DE OUTUBRO.
Poden vir disfrazados, pero,OLLO, non con complementos que ocupen espazos ou sexan moi "aparatosos"; é dicir, poden vir con disfraces pero NON con: vasoiras, sombreiros grandes, tridentes, máscaras ou antifaces, perrucas incómodas, etc... Tede en conta que xa coa mascarilla teñen bastante e sería agobiante ter un antiface, gorro, sombreiro, etc,... O ideal sería un disfrace e un pouco de maquillaxe se queredes na zona dos ollos ou fronte (por dar algunha idea sinxela).
Repetimos, tede en conta que estarán máis de 5 horas co que traian posto. Seguro que veñen igual de guapos e contentos sen vir moi sobrecargados e incómodos.
Ese mesmo día se queren poden traer unha merenda (parva de media mañá) típica desta data pero tede en conta que é unha merenda individual e non para compartir. É algo totalmente voluntario. Ideas: galletas en forma de cabaza, un anaquiño dun bizcoito de cabaza, magdalenas en forma de araña, etc. Seguramente ese mesmo día no forno do comedor nos asarán unhas castañas para comer tamén dentro da aula. Tanto o disfrace como a merenda especial son totalmente voluntarios.
Se tedes algunha dúbida xa nos comentades nas axendas ou nos correos.
Un saúdo, Mari e Vanesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario