miércoles, 3 de febrero de 2021

ENTROIDO 2021

 

 

                                             ACLARACIÓN DISFRACES ENTROIDO 2021

     Bo día familias:

     No día de onte  envióusevos unha notiña en relación ao entroido. Realmente a temática dos disfraces é libre pero pensamos que a podemos relacionar co proxecto no que estamos a traballar. Podedes visitar o noso blog (www.aprofevanesa.blogspot.com) e consultar en que consiste dito proxecto (Proxecto E-TWINNING. OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE). Resumindo un pouco a idea principal, trataremos de que o alumnado coñeza os problemas medioambientais que hai intentando  buscarlles solucións.  Así que se podedes orientar os disfraces  nesa dirección sería estupendo (non obrigatorio). Por darvos algunha idea: poden ser heroes e heroínas medioambientais (así que un disfrace de Batman ou Spiderman pode levar cosido un logo “eu coido a natureza”, Harry Potter pode facer maxia para que desapareza a contaminación, ...), poden ser buzos, xardineiros, científicos, apicultores, gardas forestais, fadas dos bosques,... Como vedes, non se trata dunha proposta pechada, senón de adaptar o disfrace que teñades pensado, a esta temática medioambiental. Non queremos complicarvos moito posto que nestas circunstancias tampouco hai moito a onde ir para mercar.


Esta é a proposta do proxecto que abarca moitas temáticas.

Que podo facer eu para...?

Que podo facer eu para non contaminar, para coidar dos bosques, para dar a coñecer problemáticas medioambientais, para rematar coas desigualdades, co racismo, coa pobreza,... Para todo iso precísanse: científicos, gardabosques, activistas, heroes e heroínas que loiten pola conservación do medio natural,... Así que xa vedes que calquera disfrace se pode adaptar.

 


   Recordade que non traian complementos: variñas, ferramentas, etc.

   Se tedes dúbidas podedes escribirnos nas axendas, nos correos, etc.

                                                                                             Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario