Bo día a todos e a todas!!!
Estamos desexando poder vervos!!!!
Como ben sabedes, os centros teñen que adaptarse ás normas publicadas no último protocolo da Xunta coas medidas que debemos adoptar. Como hai moitos cambios e seguro que queredes saber como vai ser o inicio do curso, estamos ultimando detalles para poder facer unha reunión con vós antes do día 10 de setembro. Non está sendo nada sinxelo poder adaptar os espazos e os tempos así como as rutinas unha vez dentro do centro e da aula. Por iso, de momento, aínda non podemos darvos unha data concreta para esa reunión pero contade que será para a semana que vén. Estade atentos ao blog (aínda que tamén se enviará información desde o centro). Tamén publicaremos o listado de material para que os que poidades o traiades o día da reunión (así cando empecen os nenos/as xa teremos a clase mínimamente ordenada).
Resumo: reunión a vindeira semana (data e hora por concretar).
Listado de material que publiaremos no blog e na web do centro.
MOITOS BICOS E APERTAS PARA OS NENOS E NENAS DE 2º DE EP, MARI E VANESA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario