Bo día!
MASCARILLAS (CUBREBOCAS OU TAPABOCAS): Olvidámonos poñer no listado de material as mascarillas. Imaxino que xa o sabedes polos comunicados nos medios de comunicación pero recordámosvolo:
Teñen que vir cunha mascarilla posta e outra de reposto na mochila.
A que veña de reposto xa decidides onde a traen (nunha caixiña de plástico, bolsiña de tea,...). Como é de roposto e está sen usar, igual non é relevante o material do recipiente no que veña.
A que traian posta, tede en conta que a sacarán para comer a media mañá e algúns no xantar. Sería convinte que traian unha bolsa de tea ou sobreciño de papel para gardala mentras comen. Dicimos de tea ou papel porque é o que recomendan, non é que nos o queiramos así. O que queremos evitar é que a poñan enriba da mesa mentras comen porque van caer ao chan e non é hixiénico tampouco.
Na aula teremos xabón e xel hidroalcólico e desinfectaremos mans e superficies con eles. Se preferides que teñan cada un o seu na bolsa da merenda ou no estoxo da clase, deixámolo á vosa elección. Repetimos, temos na aula.
MARCADO DE MATERIAL: debido á situación que nos toca vivir, sería convinte marcar as cores e rotuladores un por un por se caen ao chan identificar rápidamente ao seu dono/a. (Na parte de arriba de todo da cor ou rotulador un papeliño ou pegatina co nome e unha voltiña de celo por riba ou de calquera outra forma que se vos ocurra).
Para calquera dúbida, xa sabedes, correos electrónicos ou o luns na reunión.
GRAZAS!!!
Mari e Vanesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario