O pasado 19 de marzo puxemos en marcha o noso HORTO ESCOLAR. Xa tiñamos intención de empezar o curso pasado pero...pasou o que pasou...tivemos que quedar na casa. Non digades que non traballamos e non se nos diu ben o choio. Veremos agora que tal coidamos o que plantamos e se teremos unha boa colleita.
Non só aprendemos de plantas...apareceron moitos amiguiños no medio da terra que fomos coñecendo tamén coa axuda do monitor, Aitor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario