O 12 de marzo fixemos unha visita virtual ao Aquarium e á Domus. No Aquarium fixemos un percorrido virtual pola sala Nautilus. Vimos diferentes tipos de peixes e...como non, entre eles estaba Gastón. Coincidiunos de ver como os buzos lles daban de comer e aprendemos moitas curiosidades sobre a vida dos peixes no Aquarium.
Despois de facer un pequeno descansiño, conectamos coa Domus para ver unha exposición que leva por título "Bocados". Tendo ese título xa se pode intuir que aprendemos moito sobre a importancia de ter unha alimentación sá, de facer exercicio,... Como sorpresa final fixemos experimentos!!!!
Estivo moi ben a experiencia!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario