Bo día familias:
Sabemos que os nenos e nenas están a traballar moito. Tal e como vos comentamos, cada un ten que levar o seu ritmo adaptándose ás circunstancias familiares. Hai moito material e propostas agora mesmo no blog que seguro que tedes pendentes de facer. De momento non imos propoñer actividades novas. Esta semana ide seleccionando tarefas do blog (se alguén xa ten todo feito, que nolo comunique no correo).
O que sí que imos ir publicando esta semana son diferentes contos para que poidan ler un pouquiño. Non dubidamos de que na casa seguro que teñen moitos, así que vós elexide e que lean o que máis lles apeteza e lles guste. Non pasa nada se non lles dá tempo xa que para a semana (Semana Santa) poderán gozar da lectura e do tempo de lecer xa que non imos publicar nada ata dar comezo o terceiro trimestre.
Xa vos comunicaremos como imos traballar nese último trimestre. Tal e como se vos informou onte dende o cole, esta semana temos que proceder a facer a avaliación do segundo trimestre. Dita avaliación será feita tendo en conta a valoración dos traballos que tiñamos feitos antes do parón das clases (fichas, participación, actitude, comportamento, esforzo, razonamento,...) e tendo en conta tamén a situación que nos está tocando vivir.
Para calquera consulta non dubidedes en poñervos en contacto con nós.
Un saúdo.
Mari e Vanesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario