Gustarianos saber se podedes facer as actividades interactivas. Insistimos en que hai que ter instalado o ADOBE FLASH PLAYER. Facede comentarios nas mesmas actividades ou nos nosos correos.
Todo o que vos estamos incluindo no blog son propostas para que seleccionedes en función da situación na que vos atopedes (algúns poderán facer só as actividades interactivas, outros poderán imprimir ou non,...). Non vos agobiedes nin vos sintades culpables porque non hai que facer todo nin é obrigatorio. Simplemente é para que refresquen contidos.

Un saúdo e moito ánimo!Con moitas ganas de velos a todos e todas!!!
Mari e Vanesa.
Boas tardes:
ResponderEliminarSon Emma a mamá de Noa Barro. Nos non tivemos problema cas actividades interactivas. O único ca de música que non sale ningún contido. Polo resto iremos facendo todo o que se poida nestas circunstancias tan especiais. Moito ánimo a todos e a todas. Un abrazo
Bo día:
ResponderEliminarAgradecemos os comentarios. Pois gústanos saber se as actividades están funcionando e se as podedes visualizar sen problema.
En concreto a de música a min tárdame máis en cargar que as demáis. Probaches a darlle tempo para que abran os contidos? Se xa probaches faimo saber e intento volver a subila. É unha mágoa que non funcione, pois é unha materia que lles encanta.
Tés razón cando dis que hai que ir facendo o que se poida nestas ciucunstancias especiais. Repito unha vez máis que non é preciso nin obrigatorio facer todas as actividades que se vos van propoñendo.
Moito ánimo! Un bico moi grande para Noa e para todos/as os Pequenos/as Cruzdosaristas.
Mari e Vanesa!
Bo día:
ResponderEliminarEfectivamente, acabo de comprobalo. Se o deixas cargar un tempo funciona.
Moitas grazas.
Estupendo! Moito ánimo!
ResponderEliminarUn saúdo e grazas a ti por comentar.
Mari e Vanesa.