Esta é a última semana do curso e queremos dicirvos que estamos moi orgullosas de vós e do moito que traballastes. Parabéns!
Como ben sabedes, se estiveramos no cole, esta semana sería especial. Sería unha semana de ledicia porque comezan as vacacións de verán, pero tamén de despedidas. A continuación imos propoñervos unha actividade para despedir o curso como se merece.
A idea é que todos e todas vos despidades dos compis e das profes dunha maneira diferente. Ollade!!!
PHOTOCALL PARA DESPEDIR O CURSO:
Que vos parece se facedes un pequeno decorado ou simplemente vos vestides estivais ("veraniegos") para a ocasión e sacades unha foto ben chula para enviárnola? Cando as teñamos, publicarémolas e compartirémolas con todos/as.
Deixámosvos unhas cantas ideas. Non se trata de que lle adiquedes moito tempo, traballo e esforzo a facer un decorado (podedes disfrazarvos con gafas de buceo, aletas, flotadores, toalla de praia, cubo e pá,...) Ollade estas propostas:
DEIXÁMOSVOS TAMÉN ALGUNHAS ACTIVIDADES INTERACTIVAS POR SE ESTA SEMANA VOS APETECE FACER ALGUNHA (NON SON PARA ENVIAR E SON VOLUNTARIAS).
INFORMACIÓN IMPORTANTE: recibiredes as notas en Abalar Móbil o día 23 de xuño.
ESTAMOS ESPERANDO A RECIBIR INDICACIÓNS PARA SABER SE TEDES QUE ACHEGAR AO CENTRO OS LIBROS DA BIBLIOTECA E MOCHILAS VIAXEIRAS. EN CANTO O SAIBAMOS, PUBLICARÉMOLO NO BLOG.
MOITOS/AS NOS PREGUNTADES POR ALGUNHA RECOMENDACIÓN DE TAREFAS PARA O VERÁN. ANTES DE NADA, DICIRVOS QUE OS NENOS E NENAS TEÑEN QUE DESCANSAR, XOGAR, SAÍR AO AIRE LIBRE,... DE TODAS FORMAS, PUBLICAREMOS ALGUNHAS PROPOSTAS PARA OS/AS QUE AS ESTADES PEDINDO.
MOITOS/AS NOS PREGUNTADES POR ALGUNHA RECOMENDACIÓN DE TAREFAS PARA O VERÁN. ANTES DE NADA, DICIRVOS QUE OS NENOS E NENAS TEÑEN QUE DESCANSAR, XOGAR, SAÍR AO AIRE LIBRE,... DE TODAS FORMAS, PUBLICAREMOS ALGUNHAS PROPOSTAS PARA OS/AS QUE AS ESTADES PEDINDO.
PUBLICAREMOS OS RESULTADOS DA ENQUISA EN CANTO TEÑAMOS MÁIS RESPOSTAS. MOITAS GRAZAS A TODOS/AS.
MARI E VANESA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario