OLA PEQUENOS CRUZDOSARISTAS!!!
O curso chega ao seu fin. Queremos transmitirvos o orgullosas que estamos de vós polo traballo tan ben feito estes últimos meses. Sen dúbida foi un curso no que todos aprendemos moito, nós incluidas.
- DIPLOMAS FIN DE CURSO:
Deixámosvos dous modelos de diploma por se alguén os quere imprimir e mesmo enmarcar como recordo do ben que traballastes todo o curso. Se pinchades nas imaxes, tedes acceso aos diplomas en formato PDF.
- RECOMENDACIÓNS DE VERÁN:
Como algunhas familias preguntades por algún traballiño para repasar durante o verán, a continuación deixámosvos algunha idea. O feito de que nós propoñamos estas suxerencias non quere dicir que isto se teña que convertir en algo obrigatorio, senón VOLUNTARIO para os que así o pedistes.
- Podedes rematar os libros de primeiro. Se todo vai ben, comezaremos o curso en setembro repasando todos os contidos de primeiro que nos permitan partir dunha boa base para avanzar cos contidos de segundo. Así que non hai necesidade de que pasen todo o verán traballando. Sede moi flexibles xa que están cansos e necesitan sair ao aire libre, disfrutar dos amigos, da familia,...
- Algunhas familias pedides recomendación dalgún cuadernillo de repaso. Nós non temos preferencia por ningún en concreto. Hai moitas editoriais que teñen cuadernillos de repaso. Tede en conta que debe de ser de repaso de primeiro. Se decidides mercar algún, sería convinte que o elixan eles/as.
- Os que non optedes por cuadernillo de repaso nin por rematar os libros de primeiro, tede en conta as recomendacións que arriba se indican: ler, escribir (ex: un diario, describir lugares que visiten,...), falar e contar as súas vivencias, de maneira oral ou escrita poden repasar a numeración traballada (do 0 ao 99), algunha suma ou resta de vez en cando,... Sempre sen cansalos e tendo en conta que nas vacacións precisan descansar e disfrutar de tempo libre.
- SEGUIMOS RECIBINDO FOTOFRAFÍAS DE DESPEDIDA DO CURSO. CANDO TEÑAMOS MÁIS XA AS PUBLICAMOS. GRAZAS!!!
- SEGUIMOS RECIBINDO FOTOFRAFÍAS DE DESPEDIDA DO CURSO. CANDO TEÑAMOS MÁIS XA AS PUBLICAMOS. GRAZAS!!!
- COMUNICÁRONNOS QUE OS LIBROS QUE TEÑADES NA CASA DA BIBLIOTECA DO CENTRO E/OU AS MOCHILAS VIAXEIRAS VIRÁN DE VOLTA EN SETEMBRO. POÑÉDEOS A BO RECAUDO PARA SABER ONDE LOCALIZALOS DESPOIS DE QUE PASE TANTO TEMPO. GRAZAS.
- RESULTADOS DA ENQUISA ÁS FAMILIAS:
Antes de nada dicirvos que todas as propostas que vos fixemos ao longo destes últimos meses, foron feitas coa intención de darlle certa continuidade ao curso. En ningún momento quixemos saturarvos coas tarefas escolares pero desde marzo a xuño faltaban moitas semanas para rematar o curso. Vendo algunhas das respostas da enquisa pensamos que non estivemos acertadas en todo, ou polo menos non tanto como nos gustaría a nós. Entendemos que para vós é máis doado responder a unha enquisa anónima que facernos algunha recomendación ou suxerencia no blog. Tomamos nota e terémolo en conta á hora de facer a nosa propia autoavaliación.
Podedes ver as respostas na publicación "RESULTADOS DA ENQUISA".
Podedes ver as respostas na publicación "RESULTADOS DA ENQUISA".
UNHA APERTA PARA TODOS E TODAS!!!
VÉMONOS EN SEGUNDO.
MARI E VANESA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario