sábado, 6 de junio de 2020

SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

     Que tal "Pequenos Cruzdosaristas"?

     Estamos na recta final. Quedan dúas semaniñas para rematar. Tedes forza e ánimo para facer un último esforzo? Seguro que sí. Confiamos moito en vós porque nos estades demostrando que sodes uns campións.
     Esta semana será a última que publiquemos unha programación semanal para traballar nos libros. Tal como nos están dicindo algunhas familias, os nenos/as xa van cansos (xa no cole nestas datas  tamén  estarían cansos). Por iso deixaremos a semana do 15 ao 19 de xuño para que os que levan un pouco de retraso se poidan poñer ao día e poidan enviar o traballo que teñan pendente destas últimas semanas. O traballo que propoñemos a continuación será o último que nos teñades que enviar.

     De todas formas, seguiremos publicando no blog outro tipo de actividades de cara a ir cerrando o curso. Así que o vindeiro domingo non contedes cunha proposta de traballo nos libros, senón con algún curto e actividades interactivas voluntarias. 

      Se tedes dúbidas, estamos dispoñibles nos nosos correos. Desexamos non estar interrumpindo moito a vosa vida familiar e laboral, xa que sabemos que moitos/as vos estades reincorporando aos traballos e outros moitos o estivestes facendo desde o principio.
                                                       UN BICO VIRTUAL PARA TODOS/AS.
                                                       MARI E VANESA.💕

      PREME AQUÍ PARA IMPRIMIR A PROGRAMACIÓN


VALORES: Ides coñecer a historia dun canciño chamado Joy e unha garza chamada Herón. É unha historia que trata de facernos ver o valor da empatía e a amabilidade. É moi importante que cando nos relacionemos con outras persoas sexamos capaces de comprendelas e de poñernos no seu lugar. 

     Cando remate o vídeo, colle lapis e papel e intenta contestar a estas preguntiñas. Non fai falta que copies as preguntas, con poñer o número da pregunta coa súa resposta xa chega. 
     Están en castelán porque xa sabedes que Valores é unha materia na que traballamos nesa lingua.
1.- ¿A dónde van el señor y su perro?
2.- ¿Por qué le ladraba el perro a la garza?
3.- ¿Para qué quería la garza los gusanos de la pesca?
4.- ¿Qué hizo Joy cuando "comprendió" lo que pasaba?
5.- ¿Cómo agradece la garza lo que hizo Joy?
Si quieres haz un dibujo de Joy y Herón.
   


XOGOS TRADICIONAIS: As semanas pasadas tivestes algunha proposta dalgún experimento e manualidades. Esta semana propoñémosvos uns "xogos de mesa tradicionais". Na casa, os maiores, seguro que os coñecen todos.



-PREME AQUÍ PARA XOGAR AO "CHIMBIRICHE", "XOGO DOS CEROS" OU "PAUS E CAIXAS"   Este xogo ten moitos nomes. No vídeo non lle fagades caso á última parte onde se di que hai unha variante que permite xogar con multiplicacións.

     A continuación deixámosvos unha plantilla para xogar a estes tres xogos tan divertidos. Hai moitas formas de facer os taboleiros para xogar. Se vos animades a aprender a xogar a algún deles e mesmo a construir algún taboleiro de xogo ou xogar con alguén na casa, podedes mandarnos unha imaxe e compartirémola cos compis.

Juegos de lápiz y papel: 3 en raya, ahorcado y timbiriche en 2020 ...

ACTIVIDADES INTERACTIVAS:  As semanas anteriores fixestes algunha ficha interactiva de lectoescritura e matemáticas. Esta semana imos darlle paso a un pequeno repasiño das áreas de Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.
Xa sabedes que son voluntarias. Podedes autocorrexilas na mesma páxina onde facedes a ficha. Non premades en enviar á profe porque non estamos habilitadas para ver as vosas respostas.
Desexamos que vos gusten!

https://es.liveworksheets.com/fu219998ij

https://es.liveworksheets.com/up94147xo


https://es.liveworksheets.com/vp70550sk


https://es.liveworksheets.com/ee357025fl


https://es.liveworksheets.com/tc153143mn


No hay comentarios:

Publicar un comentario