OLA "PEQUENOS CRUZDOSARISTAS":
Estamos moi agradecidas coas mostras dos traballos que nos estades enviando. Valoramos moi positivamente o esforzo que estades facendo todos e todas. Moito ánimo!
UNHA APERTA, MARI E VANESA.
AVISO: O VENRES DÍA 5, EN LINGUA CASTELÁ, NA PÁXINA 211 PON SÓ O EXERCICIO 1 E HAI UN ERRO. PÁXINA 211, EXERCICIOS 1 E 2. DISCULPADE, PASÓUSENOS.
PREME AQUÍ PARA IMPRIMIR A PROGRAMACIÓN
PREME AQUÍ PARA IMPRIMIR A PROGRAMACIÓN
VALORES:
Esta semana traémosvos un conto que nos encanta. Relata moi ben a importancia de ter en conta os consellos que nos dan outras persoas e o valor da amizade. Xa sabedes, se quederes enviádenos unha foto dun debuxo do conto.
Ademáis tamén tedes unha actividade interactiva que sabemos que vos gustan moito.
1.- A CEBRA CAMILA:
PREME NA IMAXE!
2.- ACTIVIDADE INTERACTIVA DAS BOAS ACCIÓNS:
5 DE XUÑO. DÍA DO MEDIO AMBIENTE.
A semana pasada publicamos no blog unha actividade proposta polo EDLG para participar no "2º concurso de lema de Medio Ambiente". Tedes de prazo ata o 2 de xuño para poder participar. Aínda vos dá tempo.
Non queremos que este día pase desapercibido e por iso compartimos con vós este contiño. Ollade ben e sacade as vosas propias conclusións.
"RANA DE TRES OJOS"
RECUNCHO DO ARTISTA:
A semana pasada publicamos no blog unha actividade proposta polo EDLG para participar no "2º concurso de lema de Medio Ambiente". Tedes de prazo ata o 2 de xuño para poder participar. Aínda vos dá tempo.
Non queremos que este día pase desapercibido e por iso compartimos con vós este contiño. Ollade ben e sacade as vosas propias conclusións.
"RANA DE TRES OJOS"
RECUNCHO DO ARTISTA:
Aquí tedes dúas actividades moi sinxelas pero moi divertidas. Se decidides facer algunha e nos queredes enviar unha foto, subirémola ao blog encantadas para que todos os compis as poidan ver. PREMEDE NAS IMAXES!
1.- Como debuxar unha ra? Se lle queredes facer tres ollos, ben podería ser a protagonista do conto desta semana, non sí?
2.- Como debuxar flores? Agora que os campos e xardíns están cheos de flores, seguro que vos fixastes en que non todas son iguais senón que as hai de moitas formas, cores, tamaños,...Aquí tedes unha idea para aprender a debuxalas. Non dubidamos da vosa creatividade, así que, podédelas facer así ou como se vos ocorra.
VÍDEOS DA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DO CPI CRUZ DO SAR NAS ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS: PREME NA IMAXE!
ACTIVIDADES INTERACTIVAS: Incluimos algunhas dos días da semana xa que os estamos a traballar na área de matemáticas.
(VOLUNTARIAS)
No hay comentarios:
Publicar un comentario