O 23 DE ABRIL CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO. XA O PASADO 2 DE ABRIL FOI O DÍA DO LIBRO INFANTIL. TODOS COÑECEMOS A IMPORTANCIA DOS LIBROS, DA LECTURA,... QUE CERTO É ISO DE "QUEN TEN UN LIBRO, TEN UN TESOURO".
É POR ISO QUE VOS IMOS FACER UNHA PROPOSTA PARA CELEBRALO COMO SE MERECE.
Ímonos fotografiar e enviar unha foto do noso tempo de lectura para posteriormente subir ao blog. Botádelle imaxinación:
- Podedes estar sós ou lendo en familia.
-Escollede o libro que máis vos guste, ou o máis novo, ou que estades lendo neste momento,...
-Tamén podedes facer construcións cos voso libros e facer a foto lendo ao seu carón.
A mesma fotografía podedes enviala ao correo da biblioteca para participar nunha fotomontaxe con todas as que cheguen de todos os cursos: bibliotecacruzdosar@gmail.com.
Aportamos ideas para facer os vosos propios MARCAPÁXINAS. Podedes enviarnos fotos para ver que chulos vos quedaron. Xa sabedes, son ideas e propostas, vós deixade voar a vosa imaxinación e creatividade. Ánimo! (Recordade que é unha actividade voluntaria).
Preme na imaxe para ver algunha idea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario