viernes, 17 de abril de 2020

TIVÉSTEDES ALGUNHA DIFICULTADE ESTA SEMANA? CONTÁDENOS.

Algunos Tips Para Buscar y Conseguir Trabajo Como Profesor - E ...


     Ola familias!!
     Unha semana máis e...unha semana menos. Esperamos que todo vaia ben polas vosas casas.
   Queremos estar en contacto con todos/as vós non só a través do blog. Nós facemos diferentes propostas para vós pero gustaríanos saber que vos parecen, se se adaptan ben aos vosos tempos e ás vosas circunstancias. É algo que nos preocupa especialmente. Algúns xa nos enviástedes dúbidas aos correos pero gustaríanos saber de todos/as vós. É por iso que desde aquí vos lanzamos a proposta de que nos escribades e nos informedes das dificultades que estades atopando para nós intentar poñerlles solución. Se non hai dificultades tamén nos gustaría que nos contarades que é o que máis lles está gustando aos nenos e nenas e mesmo que nos fagades propostas (por exemplo: se lles gustan as fichas de pasatempos, podedes demandarnos máis; se botades en falta algunha explicación; propostas de actividades on line con algunha temática en concreto, xogos, experimentos,...). Da mesma maneira que queremos saber como lle vai ao noso alumnado, tamén nos gusta saber que tal o estamos facendo nós. O obxectivo é mellorar. Así que...ánimo coas críticas constructivas. A imaxe que puxemos ao inicio desta publicación ilustra moi ben o que pretendemos, que é ter contacto con todos/as vós.

    NOTA: seguimos sin recibir información clara que nos indique como avanzar. Sabemos que é algo que vos preocupa, como é normal, pero que saibades que en canto teñamos algo claro volo faremos saber. De momento, seguide as recomendacións que vos aportamos desde o blog.

    Sen máis, despedímonos. Que teñades unha boa fin de semana. Coidádevos moito.
                                                                                     Un saúdo, Mari e Vanesa.



2 comentarios:

  1. Ola!Son Mónica, a nai de Carme. Estamos tod@s ben por aquí afortunadamente. Agardamos que así sexa tamén nas vosas casas.
    Pola nosa parte a única complicación que atopamos foi nas dúas primeiras semanas non poder imprimir as fichas. Non temos impresora na xasa e as fixemos a man. Agora aproveitamos cando imos á compra unha vez á semana e as imprimimos nun sitio que hai en Betanzos. Así que por esa parte problema resolto. Temos un problema coa conexión xa que non hai WiFi na casa na que estamos, funcionamos con modem pero nos arreglamos.
    En canto ás actividades vai facendo un par de fichas cada día, algunha manualidade e nos está sendo moi útil a plataforma ebiblio para coller libros prestados e ler cousas novas. Non temos as claves para acceder a edebe, están na outra casa e non o puidemos mirar nada.
    O qué si estabamos pensando é que estaría ben saber que contidos que teñen en ciencias naturais e sociais para investigar un pouco. Se nos puiderades dicir que temas podemos investigar con ela sería xenial. En valores estamos vendo curtas de diferentes temas e lle encantan. Dado que se está a falar tanto de China estivemos investigando un pouco acerca dese país e lle resultou moi interesante. Tamén estamos aproveitando un pouco para aprender cousas na casa que coas prisas da vida cotiá resulta as veces complicado. Seguindo tamén os consellos e Tonucci. Experinentos e xogos sempre lles gustan así que sería estupendo recibir propostas. Estamos xogando con xogos de mesa, aforcado, construccions... O blogue e unha canle estupenda de comunicación, ela mesma amosa interese por mirar se hai novidades así que ao noso entender é un acerto para, estar conectados e ver impresións das outras familias e como o están levando. No noso caso estamos na casa todos e eu teño tempo porque non estou traballando polo de agora, supoño que eso tamén axuda para, adicarlle tempo a facer moitas cousas.... Pois sen máis unha aperta grande para tod@s de parte de Carme e a súa familia. 🌈 🌈 🌈 🌈

    ResponderEliminar
  2. Ola Mónica!
    Grazas polas túas aportacións. De seguro que lle das ideas a moitas familias (plataforma ebiblio, imprimir as fichas de paso que ides á compra,...). Alégranos saber que as dificultades que atopástedes as primeiras semanas xa están resoltas.
    Nos primeiros días valoramos a posibilidade de incluir no blogue manualidades, experimentos sinxelos, diferentes retos,... e botounos para atrás o feito de que non contarades na casa cos materiais precisos. Como cada familia está nunha situación diferente, é certo que a proposta de actividades variadas responde mellor a esas diferentes situacións e circunstancias.
    Por iso recordamos unha vez máis que non é obrigatorio facer todas as actividades, seleccionade as que se adapten ás vosas condicións.
    Contade con experimentos, retos e manualidades ao longo desta semana.
    Un saúdo para todos/as.
    Mil grazas.
    Mari e Vanesa.

    ResponderEliminar