Ola familias:
Despedímonos ata despois de Semana Santa. Os nenos e nenas teñen moi merecidas estas vacacións. Sabemos que desde a distancia están a traballar moito (cada familia dentro das súas posibilidades). O tempo de ocio e lecer é moi importante para eles/as e somos moi conscientes diso. É por iso que vos recomendamos que estes días sexades flexibles con eles e os deixedes disfrutar: que xoguen, que se manchen, que se mollen, que durman, que lean, que vexan a televisón, que chamen por teléfono a amigos e familiares, que se aburran, que descansen,...
Á volta xa vos contaremos como abordar o terceiro trimestre. Nós tamén imos adicar estes días a reflexionar como foi funcionando o blog e as propostas de traballo que vos ofrecemos. Pensamos que é moi difícil adaptarnos ás circunstancias de cada familia (hai pais e nais que seguen a traballar; hai familias que non dispoñen de ordenador ou non teñen impresora; outras que precisan os ordenadores para continuar traballando desde a casa,...).
O dito, reflexionaremos estes días... Se tedes algunha dúbida ou suxerencia podedes escribirnos aos nosos correos.
Unha aperta moi forte para todo o noso alumnado e as súas familias!
Moitas grazas por todo.
Mari e Vanesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario