Ola familias! Que tal estades?
Esta semana as titoras estivemos revisando que familias tedes instalada a APP ABALAR MÓBIL e xa avisamos aos que non a tiñades. Mañá, venres 3 de abril, recibiredes o boletín de notas correspondente á segunda avaliación a través da aplicación. Houbo algunha familia que nos dixo que non foi quen de instalala e xa a informamos doutro procedemento para recibir o boletín. Se mañá pola mañá por calquera motivo (por un erro noso, por estar colapsado o servizo, erros no funcionamento da aplicación,...) non recibides as calificacións, facédenolo saber a través do correo e xa intentamos solucionalo doutro modo. Se tedes algunha dúbida, consultádenola. Moitas grazas pola vosa comprensión.
Un saúdo, Mari e Vanesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario