domingo, 26 de abril de 2020

SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL


      Ola familias:
      Esta semana ten catro días xa que o 1 de maio é festivo.
     Para esta semana propoñémosvos tres actividades de pasatempos, lingua galega e ciencias sociais (Padlet con vídeos, contos, experimentos,...)  . Xa sabedes, seleccionade o que se adapte ás vosas circustancias.   PREMEDE NAS TRES IMAXES!!

     IMPORTANTE: entendemos que todas as familias recibistes un sms cun aviso do cole. A partir da semana do 4 de maio empezaremos a traballar cos libros do terceiro trimestre. Ao longo da semana do 27 ao 30 de abril, por favor, comunicádenos cales son as familias que contan cos libros do terceiro trimestre na casa (para as que non os teñan, seguiremos propoñendo as actividades desde o blog ou enviaremos as actividades aos vosos correos particulares).  Sabemos que non todas as familias avanzan nas tarefas do cole cos seus fillos ao mesmo ritmo. A pesares de que cada familia vaia levando o seu propio ritmo, sí que iremos pautando desde o blog o ritmo e dirémosvos cales son as actividades que se propoñen para cada semana (non avanzar libremente nos libros). Se tedes algunha dúbida, consultádea con nós nos nosos correos e, como dixemos anteriormente, informádenos ao longo desta semana que familias tedes na casa os libros do terceiro trimestre (tendo en conta o sms que recibistes do colexio o venres pasado).

 https://drive.google.com/file/d/1XKyRY9Pib-JulNrCCAgO64tCLHKiII4D/view?usp=sharing PASATEMPOS


https://drive.google.com/file/d/1X25ksV-zJuoJOeZnS-3NP7-sm1MfpX-N/view?usp=sharingLINGUA GALEGA


https://padlet.com/vsanmartinlopez/71ck7l3w8qtbvm2e  PREME NA IMAXE. PADLET DE ACTIVIDADES
  CIENCIAS SOCIAIS. AUGA E AIRE.
 Como os seres vivos non só precisan auga e aire para vivir, neste tema incluimos tamén o SOL. Así aprenderán sobre os estados da auga, o día e a noite, o calendario, o paso do tempo,...e moitas cousas máis. Visualizando este PADLET aprenderán moito. Seguro que moitos/as se animan a seguir investigando sobre o tema. Veredes tamén que hai un vídeo con experimentos por se algún se anima.
     Se alguén quere realizar algunha actividade de "lapis e papel", deixámolas pinchando nos seguintes enlaces. Calquera dúbida, xa sabedes...consultádea con nós.
ÁNIMO!!!

FICHA 1

FICHA 2

FICHA 3

FICHA 4

No hay comentarios:

Publicar un comentario