Esta semana queremos compartir con todos vós a proposta que nos fai o equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar as Letras Galegas deste ano. O autor ao que se lle adican este ano é Carvalho Calero.
A continuación observade as actividades que se propoñen para facer cada día e ao final da semana enviade as fotos que mostren a vosa participación (voluntaria) nalgunha delas. Nas seguintes semanas o equipo de Dinamización da Lingua Galega fará unha recompilación das aportacións recibidas de todo o alumnado. O correo ao que debedes enviar esas fotos é: ednlcruzdosar@gmail.com. Xa non as enviedes aos correos das titoras para evitar duplicar as publicacións.
- Luns, 11. Creación de marcapáxinas alusivos á celebración, enviando foto. Por darvos algunha idea: podedes facr no marcapáxinas unha caricatura do autor, un debuxo da portada dalgunha das súas obras,...
- Martes, 12. A túa palabra preferida do galego é...
-Mércores, 13. A frase, expresión ou refrán que cres que nos representa...
- Xoves, 14. O libro galego que máis che gusta, que te sorprendeu, que estás a ler...
- Venres, 15. Un poema galego. Por darvos unha idea: podedes buscar e copiar un poema galego que vos guste e ilustralo para despois enviar a foto.
IMPORTANTE: RECORDADE ENVIAR AS FOTOS AO CORREO DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA.
PREME NA IMAXE (actividades do Seminario Galán para celebrar o día das Letras Galegas 2020. No enlace tedes que seleccionar as actividades para primeiro. Hai actividades on-line que pode que non funcionen en todos os dispositivos; por iso, no enlace están tamén as actividades que se poden imprimir, os carteis da vida e obra do autor,...). Recordade que é unha actividade VOLUNTARIA.

No hay comentarios:
Publicar un comentario