domingo, 31 de mayo de 2020

IMAXES DA VOSA PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES

Cantas raias de cores lle fixo Valeria á Cebra Camila!!! Que ben feitiña lle quedou!
Ricky preséntavos á súa "Ra de tres ollos". No medio desa paisaxe tan chula, vese moi contenta!

                                   
                        Non só temos artistas senón ollade a Mateo disfrutando do experimento que vos propuxemos. Ten aires de científico!
Grazas a Noa Barro por enviarnos este debuxo tan chulo do ELEFANTE BERNARDO. Noraboa artista!
Mateo disfrutou estampando froitas facendo selos de diferentes formas. Mirade que orixinal!
Como estamos traballando o respecto polos seres vivos, Martín quixo investigar un pouquiño. Así que prismáticos e lapis e papel en man para anotar todas as curiosidades dos animaliños que foi atopando polo seu xardín.
Edurne quere compartir con todos vós o seu debuxo da Cebra Camila. Ollade que chulo lle quedou!

Edurne estase facendo unha experta nisto de debuxar personaxes de contos. Mirade que ben lle saiu o Elefante Bernardo.

A vosa compi Edurne reflexa no seu debuxo como as pelexas entre o oso e o cervo non lles axudan en nada para poñerse de acordo.
Daniel de 1º B animouse coas flores que vos propuxemos facer esta semana. Ben parece un cadro dun artista non sí?

A cara de Gaela xa o di todo. Non pode dicir que non o pasou ben estampando as froitas.
Aquí nos amosa Daniel de 1º B a súa ra de tres ollos feita coa técnica que vos aparecía no vídeo das actividades do blog. Quedoulle xenial!


Valeria tamén fixo a súa ra de tres ollos e aproveitou para decorar o seu debuxo coas flores que puidestes ver no vídeo da última semana. Que chulo lle quedou!
Noa Barro comparte con todos vós o seu debuxo da Cebra Camila. Saiulle mi moi ben! 
Esta é a "ra de tres ollos" de Mateo. Parabéns Mateo, quedouche moi ben!

Mateo comparte con todos vós a súa flor. Que chula lle saiu! 
Mateo estivo aprendendo moito sobre as plantas: as súas partes, coidados que precisan,... As follas son unha parte das plantas, pero ollade de cantas formas poden ser!!

Noa Barro envíanos o debuxo sobre o último curto que subimos de Valores. Ollade que ben fixo a barca, a Joy e a Heron.

Hai uns días que Daniel de 1º B estivo de aniversario e quere compartir con todos vós unha imaxe da súper festa que fixo para celebralo. Parabéns Daniel!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario