OLA FAMILIAS!
* DEIXÁMOSVOS UNHA PROPOSTA PARA ESTA SEMANA TENDO EN CONTA O QUE SABEMOS QUE SON CAPACES DE FACER NUNHA XORNADA E AS CIRCUNSTANCIAS DE CADA FAMILIA.
ASÍ QUE SE NON LEVADES ESTE RITMO NON PASA NADA. POUCO A POUCO IREMOS TRATANDO DE AVANZAR.
XUNTO COA PROPOSTA DE PLANIFICACIÓN SEMANAL TAMÉN PRESENTAMOS RECURSOS QUE PODEN AXUDAR A ENTENDER AS TAREFAS.
*ADEMÁIS DAS ACTIVIDADES PROPOSTAS DE MATEMÁTICAS, LINGUA GALEGA, LINGUA CASTELÁ E CIENCIAS NATURAIS DEIXÁMOSVOS UNHA ACTIVIDADE DE VALORES QUE PODEDES VER TODOS. IREMOS DEIXANDO UNHA CADA SEMANA.
*O MESTRE DE INGLÉS INSISTE EN QUE SIGADES O SEU BLOG E O MESTRE DE RELIXIÓN DINOS QUE VOS INFORMEMOS DE QUE FAGADES DÚAS PÁXINAS POR SEMANA DO LIBRO DE RELIXIÓN ( É UN TRABALLO VOLUNTARIO. SE TEDES DÚBIDAS PODEDES ESCRIBIR AO SEU CORREO).
*IMPORTANTE: MOITOS PREGUNTASTES SE NOS TEDES QUE ENVIAR AS TAREFAS (DE FEITO, ALGÚN XA O FIXESTES). DO TRABALLO PROPOSTO PARA CADA SEMANA, ENVIÁDENOS COMO MOSTRA DÚAS IMAXES DE CADA MATERIA (EX: IMAXES DE DÚAS PÁXINAS DE MATEMÁTICAS, DÚAS DE LINGUA GALEGA, DÚAS DE LINGUA CASTELÁ E DÚAS DE CIENCIAS NATURAIS). É MOI SINXELO ENVIAR TODAS AS IMAXES XUNTAS SE DESCARGADES NO MÓBIL A APLICACIÓN CAMSCANNER. A APLICACIÓN PERMITE IR SACANDO FOTOS E ENVIALAS TODAS XUNTAS EN FORMATO PDF. NON É OBRIGATORIO, É VOLUNTARIO. ISTO FACILITARANOS IR VENDO A EVOLUCIÓN DE CADA NENO/A PARA IR FACÉNDOVOS RECOMENDACIÓNS QUE LLES PERMITAN MELLORAR.
En lingua castelá e lingua galega aparecen ditados. Seleccionade oracións ou palabras sinxelas que aparecen nos temas para poder facer os ditados.
CIENCIAS NATURAIS
PADLET DAS PLANTAS. AXUDARALLES A ENTENDER O TEMA DE CIENCIAS NATURAIS NO QUE VAN TRABALLAR.
MATEMÁTICAS:
SUMA CON LEVADAS:
NÚMEROS ORDINAIS:
VALORES
Cando o alce e o oso se concentran en discutir, as posibilidades de atopar solucións redúcense, feito que contrasta coa situación do mapache e o coello, quenes son capaces de pensar no beneficio de ambas partes logrando chegar ao outro lado. Se che gusta esta historia, podes enviar un debuxo das personaxes ou escribir sobre o que aprendiches despois de velo. Se recibimos algún traballiño, subirémolo ao blog para que o vexan os compis. Ánimo!
EL PUENTE (THE BRIDGE)
Cando o alce e o oso se concentran en discutir, as posibilidades de atopar solucións redúcense, feito que contrasta coa situación do mapache e o coello, quenes son capaces de pensar no beneficio de ambas partes logrando chegar ao outro lado. Se che gusta esta historia, podes enviar un debuxo das personaxes ou escribir sobre o que aprendiches despois de velo. Se recibimos algún traballiño, subirémolo ao blog para que o vexan os compis. Ánimo!
EL PUENTE (THE BRIDGE)
Noa Barro entendeu moi ben o que pretende transmitirnos este pequeno corto. Mirade a mensaxe que nos escribe. Xuntos mellor!! Que boa mensaxe para representar a situación que estamos a vivir, non sí? |
Carme tamén forma parte deste novo club de ilustradores de contos. Parabéns! |
Carlos de 1º B tamén quere compartir con todos nós o seu debuxo do corto de Valores. Que ben representou as emocións das personaxes. Fixádevos na cara de cada unha! |
Mirade que ben lle quedou a Macarena o debuxo das personaxes do corto de Valores desta semana (The bridge/A ponte). Podería ser unha grande ilustradora de contos verdade? |
No hay comentarios:
Publicar un comentario