Ola familias:
Aquí estamos unha semana máis. Esperamos que o traballo proposto para a semana pasada non fora excesivo. Calquera dúbida ou suxerencia que teñades, poñédevos en contacto con nós a través dos nosos correos.
Xa fomos recibindo unha mostra dos traballos da semana pasada dalgúns nenos e nenas. Polo tanto, ao final da semana cando o traballo xa vaia encamiñado, enviádenos unha pequena mostra do feito para poder valorar a evolución e poder facervos pequenas recomendacións puntuais.
Mari e Vanesa.
- Na entrada da planificación da semana pasada tedes o PADLET DAS PLANTAS. Podedes seguir visitándoo porque aínda non rematamos o tema das plantas.
Carme camuflada entre as ramas da súa laranxeira puido ver e observar todas as partes dunha planta: talo (tronco), ramas, follas, flores e froito (a raíz é máis complicado vela). |
- Para completar o traballo, esta semana propoñémosvos uns xogos matemáticos cos que se poden divertir, aprender e desconectar un pouquiño dos libros (seleccionar só as actividades que sexan para 1º de EP). É UNHA ACTIVIDADE VOLUNTARIA:
- Este curso estamos participando nun Plan Proxecta de Innovación Educativa. O tema central é "UNHA ALIMENTACIÓN SA" Por iso, para non perder de vista o proxecto, propoñémosvos esta actividade que axudará aos nenos e nenas a diferenciar os alimentos sans para ser SÚPERSANS!
ACTIVIDADE VOLUNTARIA.
Se unimos o plan proxecta dunha "ALIMENTACIÓN SA" E AS LETRAS GALEGAS deste ano, temos unha actividade ben chula (en colaboración da profe Fátima).
- PROXECTO DAS VIAXES!!! Para seguir co proxecto das viaxes que estabamos a levar a cabo no cole, tivemos esta idea moi relacionada tamén coa situación que nos está tocando vivir. ACTIVIDADE VOLUNTARIA.
KOINOBORI: As bandeiras koinobori son bandeiras tradicionais xaponesas con forma de carpa (peixe) que se izan nos días especiais dos nenos e nenas. Tradicionalmente os xaponeses asocian a carpa cos nenos/as debido á forza que deben realizar nos ríos ao nadar contra a corrente.
O día dos nenos ten lugar o 5 de maio e todos os edificios son decorados con koinobori desde abril ou principios de maio. Faise en honor dos fillos e fillas e coa esperanza de que medren fortes e saudables. Se vos apetece facer un... aquí vos deixamos algunha idea.
- O conto desta semana para o alumnado de Valores é "Orellas de bolboreta" (Orejas de mariposa) da editorial Kalandraka. Temos que aprender a non facer mofa dos compañeiros pola súa vestimenta, o seu pelo, os seus rasgos físicos,....É fundamental nestas idades que a AUTOESTIMA se vexa fortalecida.
- O día 13 de maio farase unha homenaxe aos nenos e nenas ingresados/as nos hospitais e ás súas familias. É a todos/as eles/as a quen debemos adicar os nosos aplausos este día, pero, ademáis, aos esforzos de humanización que se levan a cabo cada día nos hospitais polo equipo de profesionais que traballan polo benestar dos pequenos e pequenas. Acordádevos que o día 13 de maio tedes a oportunidade de lanzar coas vosas mans BICOS virtuais.
Actividade proposta por Mónica, nai de Carme.
- Recomendámosvos que visitedes a entrada que publicamos sobre as Letras Galegas. Se vos animades a participar, alí atoparedes toda a información do que hai que facer e a onde enviar as fotos dos vosos traballos.
Desexamos que o traballo desta semana o afrontedes con gañas! Moito ánimo e non dubidedes en consultar calquera cousa nos nosos correos. Un bico grande, Mari e Vanesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario