Ola "PEQUENOS CRUZDOSARISTAS":
O tempo pasa voando e aquí estamos de novo... Desexamos que todos e todas estedes ben. Agradecemos moito as mostras dos traballos que nos estades enviando. Permítennos facer un seguemento dos nenos e nenas así como facervos pequenas recomendacións ao respecto.
Se tedes algunha dúbida, suxerencia ou recomendación poñédevos en contacto con nós a través dos nosos correos.
PREME AQUÍ PARA IMPRIMIR A PLANIFICACIÓN
- REPASO "CA, QUE, QUI, CO, CU": esta semana (o xoves) toca repasar "ca, que, qui, co, cu" e para recordar o que tiñamos traballado na clase, deixámosvos o "SWING DO CA, QUE, QUI,CO, CU" que vos axuda moito a recordar como se escriben. Seguro que todos/as vos acordades!!!
- VALORES. Esta semana propoñémosvos dúas actividades:
*Ás veces facémoslles bromas aos demáis e a nós fannos moita gracia pero...que pasa se só nos fan graza a nós e realmente molestamos aos demáis? Mirade o que lle pasou ao Elefante Bernardo. Se ao final queres enviarnos unha foto dun debuxo do conto, compartirémola no blog e poderana ver os compis.
*SOPA DE LETRAS DAS EMOCIÓNS. PREME NA IMAXE.
- EXPERIMENTO: as semanas pasadas propuxémosvos algunha manualidade e moitos vos animastes a facelas e ata nos enviastes fotos para compartir cos compis. Esta semana propoñémosvos un experimento. Se sacades algunha foto e queredes compartila, envíadea aos nosos correos.
Ao final do vídeo tedes a explicación de por que o papel non se molla.
- RECADIÑO DO MESTRE DE RELIXIÓN: consultade na Aula Virtual o apartado de Relixión xa que ten unhas tarefas propostas para facer de aquí a finais de curso. Para o alumnado de primeiro, en concreto, pide que lle vaiades enviando unha pequena mostra das páxinas que ides adiantando ao longo das semanas.
- ACTIVIDADES INTERACTIVAS: a semana pasada puxémosvos unhas actividades interactivas para repasar as letras que xa coñecemos. Esta semana serán de matemáticas. Son moi sinxeliñas. Ánimo! Xa sabedes, premede nas imaxes. ACTIVIDADES VOLUNTARIAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario