jueves, 7 de mayo de 2020

OUTRAS ACTIVIDADES

                                      PROPOSTA DE ACTIVIDADES (VOLUNTARIAS):

- Inés, a nai de Martín cóntanos que Martín disfruta moito realizando as actividades desta páxina que vos deixamos a continuación. Por iso a queremos compartir con todos vós. Que mellor que un compi para facernos unha recomendación! Desexamos que vos guste.

https://quizizz.com/PREME NA IMAXE!!

- Os Bolechas celebran as Letras Galegas con estes vídeos patrocinados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística que se basean na colección de libros "As miñas primeiras Letras Galegas" e que abordan a vida e a obra de diferentes persoeiros a quen a Real Academia Galega lles dedicou o 17 de maio.
Estas curtas están dirixidas aos nenos e nenas, a quen queren achegarlles as figuras das nosas letras de xeito divertido e didáctico. Para iso, Pepe Carreiro, autor dos Bolechas, converte unha obra de cada autor nun entretido conto co que o lector ou lectora vai descubrindo quen é o personaxe de quen se fala ao tempo que goza dunha aventura típica desta divertida familia galega.

https://www.lingua.gal/recursos/para-medrar-en-galego/_/letras-galegas/Outros/contido_0050/minas-primeiras-letras-galegas PREME NA IMAXE!

-CLUB DAS LERCHIÑAS. Trátase de diferentes sesións de contacontos que comezarán o sábado 9 de maio.  No seguinte enlace tedes información para poder acceder a ditas sesións unha vez comecen.
Desexamos que vos gusten!

PREME NA IMAXE!


   -  A profe Fátima déixavos uns dominós e memoris para que os poidades imprimir para poder xogar cando vos apeteza. Recordade que nestes primeiros anos é moi importante ir estimulando a linguaxe e a correcta articulación dos fonemas. A ela gústalle moito que estas aprendizaxes se produzan a través do xogo. É por iso que ela mesma elabora parte do seu material con moitos xogos. Non son actividades exclusivas para o seu alumando senón que servén para todos os nenos e nenas de primeiro. Veredes que nalgún dominó hai casiñas en branco, iso é para que eles poidan debuxar e completar o xogo coas imaxes que queiran.  
MEMORI 1    MEMORI 2       MEMORI 3        MEMORIA 4      MEMORI 5        MEMORI 6
DOMINÓ 1    DOMINÓ 2     DOMINÓ 3

No hay comentarios:

Publicar un comentario