Ola familias!!
Que tal levastes a semana pasada? Se tedes algunha recomendación ou algunha dúbida xa sabedes que podedes contactar con nós nos nosos correos.
Seguimos cunha proposta similar ás semanas pasadas. Xa sabedes que é unha planificación orientativa e flexible. Recordade ao final da semana enviarnos unha pequena mostra do traballo feito durante a semana, para poder ver a evolución dos nenos e facervos algunha recomendación ou suxerencia puntuais.
-PARES E IMPARES: Para complementar as explicacións do libro de matemáticas deixámosvos un xogo dos números pares e impares. Listos?...Pois a xogar!!!
- DÍAS DA SEMANA:No libro de matemáticas, esta semana ides traballar cos días da semana. Seguro que xa os sabedes. Aquí vos deixamos unha canción de Mamá Cabra que de seguro que vos vai gustar!
-PROPOSTA DE VALORES: Coñecedes a Frederik? Seguro que sí!!!
"Cuando el invierno se acercaba, los ratoncitos empezaron a almacenar maíz y nueces y trigo y paja. Trabajaban de noche y día. Todos menos uno, Frederick.".
Cando remate o conto, non sabemos que pensaredes de Frederick. Se queredes facer un debuxo do conto ou escribir a vosa opinión, sería unha idea estupenda. Se vos animades, podedes enviarnos unha foto do voso debuxo ou opinión para publicala no blog.
PREME NA IMAXE
-MANUALIDADES: Nesta época do ano as árbores e a terra dannos moitos froitos. Sabemos que vos gusta moito pintar e pensamos nunha combinación que de seguro vos fará disfrutar. Collede algunha froita (mazá, laranxa, limón,...) e follas das árbores (se atopades froita e follas no chan, mellor que mellor), cortádeas coa axuda dun maior, botádelles pintura e xogade a estampalos en folios, cartóns, teas,...ou onde se vos ocorra. Podedes facer selos, paisaxes, figuras,... Deixámosvos unhas ideas pero co creativos que sodes todos e todas seguro que non vos fan falta. Se vos animades a participar, podedes enviarnos algunha foto para compartir cos compis. A nós encantaranos ver as vosas creacións.

MARI E VANESA
No hay comentarios:
Publicar un comentario