MAIO, MAIO
ENTRA RAPIDIÑO
NON TE DEMORES
AO LONGO DO CAMIÑO!
Unha proposta que vos facemos (ao longo de todo o mes de maio) é que fagades o voso propio maio. De seguro que preto da vosa casa tedes algún campo para poder recoller flores e crear o voso maio. E, se non é así, podedes debuxalo ou decorar algún obxecto ou parede con flores naturais, de papel,...ou calquera outro material. É un estilo libre, xa sabemos que o maio ten unha forma moi particular pero podedes facelo da forma que queirades ou mesmo un mandala de flores.
O QUE SE ANIME, QUE RECORDE ENVIAR UNHA FOTO PARA QUE A VEXAN OS COMPIS!!!
Deixámosvos algunha idea, pero como sabemos que sodes moi creativos/as, seguro que non vos fan moita falta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario